Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Carballo danza capoeira

Carballo danza capoeira
Na presentación do festival de capoeira estiveron o pentacampión de Europa Daniel Sierra, Alejandro "Patas" de Abadá Capoeira Carballo, o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo. Na presentación do festival de capoeira estiveron o pentacampión de Europa Daniel Sierra, Alejandro "Patas" de Abadá Capoeira Carballo, o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo.

Esta fin de semana a Capoeira será protagonista na capital carballesa. Dende hoxe venres 9 ao domingo 12 de xuño, a Asociación de Capoeira Bergantiños, Abadá Capoeira, celebra en casa o seu festival. Unha cita que serve para pechar o curso, como festa de graduación, e para exhibir este fermosa disciplina deportiva.

A cita contará cunha presencia destacada, a de Daniel Sierra, o coñecido no mundo como "Profesor Ator". Pentacampeón de Europa, dúas veces campión do mundo e 4º clasificado no campionato do mundo celebrado este ano en Guimaraes, o primeiro de nacionalidade non brasileira.

O xoves 9 comezan oficialmente as citas do festival coa celebración da rolda de benvida no Pazo da Cultura na sala de exposicións do 3º andar a partir das 18.30 h. Xa o venres pola mañá o Fórum Carballo é o encargado de acoller varias clases entre os participantes, mentres que pola tarde estarán en Razo onde practicarán surf na praia e tamén practicarán capoeira en Art Surf Camp. Xa o sábado, ademais de practicar máis surf e capoeira, a rolda de exhibición está prevista para as 19.30 h. na Praza do Concello. A cita remata o domingo a partir das 11.00 no Pazo da Cultura coa graduación, a troca e batizado de cordas.

Fonte

  • Carballo.

Comentarios