domingo. 10.11.2024
El tiempo

Cataventos cítase coa vela en Vilagarcía e cos kaiaks e Aspadex en Corcubión

Cataventos cítase coa vela en Vilagarcía e cos kaiaks e Aspadex en Corcubión
Aspadex saae en kaiak e os alumnos de Cataventos Continúan os Encontros Apem-Aspadex, que artellan o Clube Marítimo Carrumeiro e Cataventos Escola de Vela. E os seus responsables pasaron pola radiONeria para presentalo (poden escoitar a entrevista). I é que se comezaban os usuarios de APEM o pasado martes, onte mércores eran os grumetes de Aspadex os que disfrutaban do mar. Ese é precisamente o sentido destes encontros. Alonxar as barreiras e facer que os usuarios olviden os medos. Para iso onte tiveron sesión de kaiak pola ría corcubionesa, probando deste xeito o equilibrio nunha base relativamente pequena no medio acuático. A diversión estaba asegurada por parte dos integrantes que non dubidaron en seguir á súa profesora Noemí Bermudez de Castro (directora de Cataventos Escola de vela), ata o novo porto de Brens. Mentres, Marcos Trillo seguíaos coa embarcación de seguridade, asegurándose de que todo marchaba correctamente. Chegados ao peirao despues de dúas horas na auga, realizaron exercicios de estiramento e tras de cambiarse de roupa, recibiron a súa segunda clase de teoría. Hai que recordar que este proxecto non se podería levar a cabo, sen a colaboración das empresas da zona, das cales as sete primeiras xa participaron no anterior proxecto chamado "Bautizo Encontros a Vela Aspadex/Apem 2010", as empresas son: Lareira, Labralia, Antelo, Hotel Insua, E.S Bazarra, Marcos Canosa,Ebanisteria Sendon; Fuco Corbelle, Cen Cee, Disneria, Centro de Audicións Nordes, Hotel o Horreo e as Hortensias.

Nova Regata dos Optimist de Corcubión

A actividade de Cataventos e do Carrumeiro desta fin de semana tamén tivo como protagonista ao Equipo de Regatas da Clase Optimist. Disputábase a 1ª regata clasificatoria do Campionato Galego Clase Optimist nas instalacións do Liceo Casino de Villagarcía. E alí estaban Marcos Trillo e Noemí Bermúdez de Castro Elorza con 3 mozas e 3 mozos. Os resultados foron bastante positivos, unha vez que había 105 participantes pero que se dividen en 3 clases:
  • Clase A: 65 participantes (idade de 12 a 14 anos)
  • Clase B: 32 participantes (idade de 10 a 12 anos)
  • Clase C: 8 participantes (idade de 8 a10 anos)
E os resultados dos rapaces do Equipo C.M. Carrumeiro foron os seguintes:
  • Manuel Marcote Codesido (Clase A) Puesto na regata: 25.
  • Francisco Canosa de Pazos (Clase A) Puesto na regata: 46.
  • Cristina Fernandez Trillo (Clase A) Puesto na regata: 57.
  • Marcela Corbelle López (Clase B) Posto na regata:  23.
  • Iñaqui Coronilla Jiménez (Clase B) Posto na regata: 27.
  • Paula Trindade Leo (Clase C) Posto na regata: 4.
Estes resultados mostran un aumento das posicións do equipo en xeral, apostando polo futuro da Vela na ría de Cee e Corcubión.

Escola Municipal

Ademais, no próximo mes dará comezo a escola municipal de vela que achegará 10 novos deportistas (de 6-a12 anos) a esta disciplina, intentando manter e mellorar os resultados. Aínda están a tempo de inscribir aos seus pequenos no Concello de Corcubión para unha proposta patrocinada polo Grupo Santitel e Hotel El Horreo.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios