Cee prepárase para unha fin de semana de Copa-Maratón

09:24 08/05/13
Chega a última cita do fútbol sala ceense. Esta fin de semana de sábado 11 e domingo 12 de maio terá lugar no Pavillón Municipal de Cee a XXVI Maratón Copa Fútbol Sala Concello de Cee 2013. Os 20 equipos en que disputaron a Liga regular, gañada, para variar, polo Cercevería Atrio, terán dous días de intenso deporte.
Os partidos comezarán as 15:00h e estarán en marcha ata pasadas as 6:00h da mañá do sábado. O domingo a partir das 20:30 tocan o 3º e 4º e a finalísima.

Novas relacionadas
- 05-04-13: A Cercevería Atrio volve gañar a Liga de Fútbol Sala de Cee.
- 01-13: O Atrio ponse en cabeza da Liga de Fútbol Sala de Cee.
- 12-12: O Praia de Quenxe acaba o ano líder da Liga de Fútbol Sala de Cee.
- 09-12: Xa comezou a Liga de FS de Cee con sorpresas.
- Copa 2012: O Praia de Quenxe leva o Maratón Copa de FS de Cee.
- Liga 2012: O Distribuciones Barral sentencia unha nova Liga de Fútbol Sala de Cee.
- Liga 2011: Os vimianceses do Dist. Barral álzanse coa Liga de FS de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).