Cheo a rebentar para a exhibición de baile e taekwondo de Arte e Movemento


O club Arte e Movemento, celebrou o pasado domingo 9 de xuño, a súa exhibición anual. Foron 370 os deportistas que actuaron no pavillón Polideportivo de Cee, para mostrar a súa técnica e coñecementos de baile de salón e taekwondo. Todos eles alumnos de Juan Carlos e Graciela, entrenadores do clube.
O público asistente definiu esta edición, como aquela na que máis público asistíu, o cal era de esperar porque tamen foi a edición con máis participantes, e tamén destacaron a puntualidade, xa que se lles entregaba a todolos asistentes un díptico con listados e horarios para cada grupo, horario que se respetou como si se tratase dun evento británico.
A sesión comezou as 16:30h. co baile de salón, con nenos a partir de 4 anos e adultos, e xa o pavillón estaba a estoupar, como podedes ver nas fotos, nin había aparcamento posible nos arredores do pavillón. Os veciños de Cee que non sabían que se celebraba a exhibición estaban a preguntarse que pasaba, con tanto coche.
Despois tocou o turno do taekwondo, tamen con nenos a partir de 4 anos. Todos fixeron as suas actuacións representando o concello ou asociación a que pertencian. E son deportistas chegados de toda a bisbarra: o Concello de Carnota presentaba 4 equipos de taekwondo; concello de Muxía 1 equipo de taekwondo; Concello de Vimianzo 2 equipos de baile de salón e 4 equipos de taekwondo;o Concello de Santa Comba 4 equipos de baile de salón; o Concello de Mazaricos 4 equipos de baile de salón; a asociacion Adro de Baio 1 equipo de nenos de baile de salón; a Anpa Uxio do Colexio Eugenio Lopez de Cee, tamén presentaba 1 equipo de nenos de baile de salón.
Así, en total Arte e Movemento presentaba 7 equipos de baile de salón e 11 equipos de taekwondo, cos alumnos que asisten as clases nas instalacións do clube. Tódolos participantes recibiron unha medalla como agradecemento pola sua participacion. Destacar tamén que houbo un moi bo ambiente no pavillón, moi familiar e cun público entregado.


Novas relacionadas
- Arte e movemento acaba a tempada copando poidos.
- 5 clasificados costeiros para o Campionato Galego de Taekwondo.
- 13 trofeos en Narón para preprarar a proba máis importante do ano para o baile costeiro.
- Arte e Movemento volve con 17 trofeos do Trofeo da Estrada.
- 7 bronces no campionato Galego de Promesas para o taekwondo costeiro e un ouro en judo.
- Cristian e Laura ascenden á primeira división do baile deportivo.
- O Baile costeiro asalta Valencia.
- Arte e Movemento volve con 6 medallas do Campionato de Baile de Fene.
- O Baile do Clube Arte e Movemento abre a tempada con 4 medallas.
- 9 medallas na Copa Xunta para o taekwondo costeiro.
- O baile de Arte e Movemento estreou 4 novas parellas en Marín.
- 4 horas de baile e deporte na Exhibición de Arte e Movemento de Cee.
Fonte
- Nota de prensa do Clube Arte e Movemento.