Continúan os partidos de pretemporada do Fútbol da Costa
Mentres seguimos enchendo de calendarios a plataforma www.futboldacosta.com, seguimos actualizando a lista de Altas e Baixas, e seguimos achegando a información ao pé dende o Facebook do Fútbol da Costa, o noso deporte segue ca súa pretemporada. Xa non queda nada para o comezo da Preferente, que arrinca o 31 de agosto.
E estes días está habendo moitos partidos de preparación, como o que enfrontou onte nas Redondas a Cabana e Corme, e que rematou cun fermoso 5-5 cos goles de Iván Mato, Miki Pose, Josiño e 2 de Manu Guillamet, para o Cabana, mentres que por bando cormelán marcaron Alejandro, Manu (2), Juan Chans e Adolfo.
Hoxe xoves, a partir das 20.15 horas no Campo do Carral, chega a enfrontarse co Sofán por vez primeira o histórico Sporting Ciudad coruñés.
Torneo en Ponteceso
Este sábado 23 de agosto, dende as 16:00h teremos unha completa sesión de fútbol no Pinguel, co Torneo Concello de Ponteceso, que enfrontará a infantís, cadetes e xuvenís dos dous equipos do Concello.
Ademais, o domingo, plato forte, cos dous equipos de modestos fronte a fronte, a partir das 17:30h.
Torneo de Fútbol Praia
O sábado 23 a praia de Arou, en Camariñas, acollerá o 1º Torneo Fútbol Praia.
Torneo Solidario en Muros
O vindeiro sábado, 23 a partires das 18 horas terá lugar en Muros o I Torneo Fútbol Base PRO NENOS DO SAHARA.
Coa intención de facer visible a problemática que está a sufrir o Pobo Saharaui e o mesmo tempo recadar fondos para axudar a traer nenos do Campamento de refugiados de TinduF, este sábado celebrarase un triangular de fútbol base entre os equipos da Esteirana, Os Miudos e unha Selección do Sahara, integrada polos nenos de acollida que están a pasar este verán entre nós. Ademáis do fútbol as agrupacións folclóricas de Ximiela (Louro) e Rumial (Campo de Cortes) amenizarán a tarde no campo Eleuterio Balayo de Muros.
No descanso dos partidos realizarase o sorteo duns regalos aportados por casas comerciais da Vila e por o Concello de Muros. Para poder participar no sorteo só hai que mercar unhas rifas no Bar Muelle (Pitis). As rifas dan dereito a entrar no campo. O mesmo tempo a organización da a opción a todas as persoas que queiran mostrar a súa solidariedade, poñendo un número de conta para que fagan os seus donativos. A conta está aberta en A BANCA co número 2080 5409 11 3040113236 a nome de SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharahui).
Partidos do Volantes
Ademais, o Volantes infórmanos dos seus choques de preparació antes do comezo da Liga da Costa, o vindeiro 7 de setembro:
- Volantes - Lesende C F Lousame. 30/08/14 ás 18:00 h. no Municipal Eleuterio Balayo (Muros).
- Volantes - Bastavales UD. 31/08/14 ás 19:00 h. no Municipal Eleuterio Balayo (Muros).
Amistoso no Rodeiro
Partido en Vimianzo
Logo de chegar ás semifinais da Copa Deputación e de ganar o Trofeo Concello de Vimianzo, o Soneira sigue coa pretemporada para ir preparandose para a Liga da Costa. Desta quenda enfrontaránse ó Bergantiños da Liga Nacional. O partido xogarase este sábado día 23 ás 5 da tarde no Municipal de Vimianzo.Máis información
Novas relacionadas
- Sen parada no Fútbol Costeiro con torneos estivais.
- O Soneira prantou cara a todo un Racing de Ferrol para arrincar ben a temporada.
- O 11 ideal do Fútbol da Costa estreou camisola vencendo ao Depor B.
- David Castro: O Marc Márquez do fútbol costeiro debuta na Liga da Costa.
Novas relacionadas
- 2014: O Cánchester cambia a cuchara de madeira polo liderato do Campionato de Barrios de Esteiro.
- 2013: O Campionato de Barrios de Esteiro, unha competición singular.
- 2012: Un Ciclón arrasou no Campionato de Barrios de Esteiro.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).