Convocados os cursos de Monitor e UEFA B (nivel 1) na Costa


Estemartes 8 de agosto hai asemblea do Fútbol da Costa. E un dos temas que seguro que se tratarán, ademais do sorteo dos calendarios, será o dos adestradores, unha vez que o pasado venres se convocaban os cursos de adestrador UEFA B (antigo nivel 1) e Monitor, para desenvolverse na delegación da FGF en Baio, a partir do 5 de setembro.
Cómpre recordar que esta temporada é necesario si ou si presentar adestrador titulado en todas as categorías. Na Preferente e 1ª Galega necesítase o título de Adestrador Avanzado UEFA A (Nivel 2); na 2ª Galega o de Adestrador Básico de Fútbol UEFA A (Nivel 1); e na de 3ª Galega e mais categorías Xuvenil, cadete, infantil e fútbol 8 o de Monitor de Fútbol Base.
Por iso fanse se cadra máis necesarios os Cursos de Adestrador na bisbarra, que comezarán a principios de setembro.
Curso de Monitor
Inicialmente o curso de monitor, que está previsto comece o día 5 de setembro, desenvolverase de xeito intensiva, tres días á semana, de luns a mércores, en horario de 19.30 a 23.00 horas, ata completar as 65 horas, finalizando, en principio, cando comece o UEFA B. Aínda que os dous están convocados para a aula principal da sé en Baio, tanto un como outro poderían variar a súa ubicación, dependendo do número de alumnos inscritos e a zona de onde haxa unha ampla maioría, pois para o curso de Monitor o Concello de Ponteceso quere ser sé do mesmo, mentres que o Fisterra SD, co seu presidente á fronte, está intentando levar o UEFA B á súa zona, podendo moi ben situarse en Dumbría, Cee ou, ata, en Fisterra si o número de inscritos da localidade así o requirise.
Inscrición As bases de inscripción para os mesmos están xa na web da Federación Galega de Fútbol ( www.futgal.es), e as inscricións deben realizarse a través da mesma. A tempada pasada únicamente púidose desenvolver o curso de UEFA B, ao non haber número suficiente para realizar os de Monitor e UEFA A, que será convocado próximamente.
Novas relacionadas
- Este martes 8 de agosto, asemblea do Fútbol da Costa.
- A Preferente Norte xa ten o calendario en www.futboldacosta.com:
Máis información
Máis movementos de verán
- Felipe e Corredoira toman o mando dos barcos de Fisterra e Zas.
- O celeste volve ao Fútbol da Costa coa creación do CD Muros.
- Unha nova directiva salva o Unión Club Cee.
- A actual directiva salva ao Zas renovando un ano máis.
- Manolín volve aos banquiños.
- Adrián Lema guiará o barco do Muxía.
- Diego Lobelos, Óscar Leis, Paco, Dani Calvete, Toni e outros movementos no Fútbol da Costa.
- Roberto Amoedo, a proposta da nova directiva do Mazaricos CF:
- Baile de movementos nas directivas e nos banquiños da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).