Venres. 29.03.2024
El tiempo

Copa da Costa: Só sentencia o Cee o pase a Cuartos

Copa da Costa: Só sentencia o Cee o pase a Cuartos
Tras ollar os resultados e como quedan os ascensos e os descensos trala derradeira xornada de varias das ligas, repasamos a xornada sabatina no #futboldacosta, e se xa falamos algo dos xuvenís e o faremos de novo o martes, hoxe imos ca Copa da Costa de afeccionados. Unha ida de Oitavos que o deixa todo para a volta. Todo agás o Cee, que sacou a rabia da Liga e a pagou co Alcaián, sentenciando así o seu pase a Cuartos de final, e amosando que, a pesar do cansanzo da longa e dura tempada, vai polo título como Rei de Copas que é. Agora, e sen descanso, para non variar, a volta terá lugar este xoves 17 de maio, día das letras galegas, e xa podedes ver como queda o Cadro da Copa da Costa.

San Lorenzo - Camariñas (0-1)

  • SAN LORENZO: Recarey (Sergio, min.46), Santi, Dubra, Quillo, Puñal, Adrián (Gabri, min.46), Cachizo (Javi, min.46), Fuentefría, Carlitos, Marcos Bartolo (Bolón, min.60), Chucho.
  • CAMARIÑAS: Pombo, Carlos (Martín xuv, min.75), Alberto, Roi, Maikel, Moriño, Paco (De la Sierra, min.50), Brais, David (Adrián, min.55), Juan oBello, Javi (Yuyo, min,60).
  • Gol: 0-1, min.35: Brais.
  • Lesións: Recarey, Cachizo e Adrián por bando local, e Carlos por bando camariñán.
  • Expulsión: o adestrador local Trucho.
O Camariñas sacou un 0-1 que se cadra é demasiado resultado tralo visto en Verdillo. I é que foi un choque con poucas ocasións, que comezaba con avisos locais. De feito, Carlitos se prantaba dúas veces diante de Pombo e mandando un balón ao pao. Ademais, as típicas xogadas de saque de banda sorprendían aos camariñáns, sobre todo cando chegaban ao segundo pao. Pero o Camariñas tiou de oficio e se puxo por diante a 10 do descanso por medio de Brais, e puido ampliar con boas ocasións de Javi, Brais e David. Aí tivo tamén Marcos Bartolo o empate pero non estivo fino, ademais dun par de xogadas de estratexia. Con todo, o Camariñas puido sentenciar a eliminatoria nos últimos instantes, con dúas opcións de Martín e Yuyo que non estiveron acertados.

Corme - Independiente (0-0)

  • CORME: Javi, Adolfo, Alejandro, Martín, Pandi, Brais (Diego, min.65), Juan, Adri (Adri, min.80), Iago, Lucas e Alejo.
  • INDEPENDIENTE: Upi, Efren (Scot, min.65), Jorge, Suso, Rubén, Ivi, Cholo, Carlos, Roberto, Gustavo (Héctor, min.50) e Juni.
  • Expulsión: O visitante Rafa (min.88) con cartón vermello directo cando estaba no banco.
Un "Barça-Chelsea" da Costa, con dominio do Corme, que tivo boas ocasións de gol, e un Independiente que se defendeu como puido, e moi ben. O Corme non tivo o día arriba. A xogada do partido foi xa no min.85, cando unha contra carballesa remataba en gol, pero o colexiado o anulaba por suposto fóra de xogo, decisión moi protestadas polos carballeses, e que dende Corme tamén valoraban como gol legal.

Cabana - Zas (1-1)

  • CABANA: Añón, José, Marcos, David (Jacobo, min.75), Pancho (Óscar, min.80), Josiño, Sandro, Adrián (Santamarina, min.65), Diego (Eloy García, min.60), Rubén Rama (Dani, min.85), Tonecho.
  • ZAS: Elías, Pereiro, Dani, Lagoa, Mancebo, Diego, Rubio, Jorge, Kevin, Jaime, Peque. Tamén xogaron; Rony, César, Pichín.
  • Goles: 0-1, min.20: Jaime tras un córner; 1-1, min.65: Eloy García de córner directo.
Partido malo marcado polo vento, moi deportivo e no que o empate é bastante xusto dada a igualdade entre zaenses (máis pendentes dos xuvenís) e cabaneses (xa pensando máis na Fase de Ascenso). O vento foi tan importante que os dous tantos chegaron de córner, e na portería a favor de vento. Na primeira chegou gol do Zas, que controlou algo máis, pero un erro de Elías na xogada que propicia o córner que deu lugar ao gol olímpico de Eloy García, puña o empate final.

Dumbría - Sofán (1-1)

  • DUMBRÍA: Sergio, Iván, Suso (Tantá, min.46), Aarón López (ismael, min.46), David, Cote, Luisete (Leo, min.46), Schuster (Aarón Fdez., min.46), Iago, Eloy (Luisito, min.66), Riki.
  • SOFÁN: Carlos, Adrián, Gustavo (Edu, min.75), Juan Rabuñal, Juanjo, Eloy, Iván (Berti, min.85), Miniño, Víctor (Jacobo, min.71), Suso, Abel (Gurita, min.88).
  • Goles: 1-0, min.12: Iago tras un regalo da defensa local; 1-1, min.62: Miniño.
Partido igualado, co Dumbría falto de intensidade, pensando no partido do domingo pola mañá (2 partidos en 16 horas) o Sofán xogando ben, con moitas ocasións, pero Sergio fixo 3 ou 4 paradas moi boas Só os últimos minutos acorralando pero sen demasiado ocasión.

Cee - Alcaián (8-1)

  • ALCAIÁN: Rizos, Framil, Ruben, Dani, Pombo, Victor Pazos, Daviciño, Victor Freire, Tote, Diego e Roberto.
  • CEE: Parroto, Rubén Fiuza, Jorgito, Julito, Berto (Luís, min.65), Ángel, Piquero, Nico, Penedo (Isma Leis, min.46), Víctor (Dieguito, min.46), Fer (Fermín, min.80).
  • Goles: Isma Leis (3), Angel (2), Fer (2), Piquero (2) para os ceenses. Roberto para os visitantes
Partido sen historia, con total superioridade visitante. O Cee sacou a rabia da Liga e pagouna co Alcaián, que, así e todo, aguantou na primeira e ao descanso o marcador só sinalaba 0-2. Xa co terceiro gol a cousa decaeu e o Cee deixa sentenciado o pase a cuartos e fai que o partido do xoves sexa un trámite.

Xallas - Carnota (1-0)

  • XALLAS: David, Rubio, Iván, Becerra (Luís, min.46), Nacho (Luís Castro, min.55), Ricardo, Óscar, Pío (Rubén, min.46), Sebas, Brais (Alemán, min.47), Alexandre (Cheli, min.78).
  • CARNOTA: Peipo, Tono, Pedro, Manolo, David de Brea, Manuel Luís, Jacobo, Andrés (Urko, min.75), Pumuki (Gabriel, min.80), Rodrigo e Manoliño (David Castreje, min.85).
  • Gol: 1-0, min.85: Luís.
Partido sen moita intensidade. O Xallas, moi pendiente da Liga, tivo o control de baló pero sen moita profundidade, ante Carnota ben armado. Ademais, á contra facían dano os de Cambeiro, e Manuel Luís, Pedro e Manoliño tiveron boas ocasións para romper a igualada. E cando o partido encamiñábase ao 0-0, Luís decantou a balanza cunha xogada persoal moi boa, cun detalle de calidade nunha xogada illada.

Soneira - Muros (2-2)

  • SONEIRA: Fran, Darío, Alberto, Chans (Brais, min.60), Ferreiro (Martín, min.46), Fran de Urroa, Mauro, Mayor, Pichi (Cristian Canosa, min.80), Iago (Javi, min.46), Kike (Cristian Figueroa, min.46).
  • MUROS: Fabio, Teo, Mayu, Gael, Alberto, Jesús, Gelo, Sexo, Adrián (Jabi, min.60), Yanki (Kiko, min.46), Aitor (Juan, min.70).
  • Goles: 0-1, min.10: Aitor; 1-1, min.20: Mauro; 1-2, min.50: Teo de cabeza á saída dun córner; 2-2, min.80: Brais.
O Soneira, sen titulares, e pensando na Liga, veu como o Muros sacaba un empate e aínda podía ter levado algo máis. I é que os de Sil, tamén con cadetes na convocatoria, foron superiores e fixeron un gran partido. Aitor adiantaba aos miradáns, pero Mauro empataba pronto. Comezaba a segunda metade igual, co Muros meténdose por diante. Pero xa no treito final Brais asina un importante gol para que o Soneira poida preparar mellor o partido do xoves en Miraflores.

Santa Comba - Ponteceso (2-0)

  • SANTA COMBA: Diego, Óscar (Darío, min.60), Roberto, Angelo, Chinda (Noli, min.46), Orlando (Mon, min.55), Doro, Toni (Jota, min.46), Baña (Marcos, min.70), Julián, Agustín.
  • PONTECESO: Norberto, Rubén, David, Fabián, Dani Pallas (Salva, min.80), Carlos Mato (Alex,min.40), Pablo Vázquez, Mendieta, Tucho, Ramón (Pitu, min.60), Toniño (Manu Urbieta, min.60).
  • Goles: 1-0, min.75: Pablo Baña; 2-0, min.80: Mon.
  • Lesión: Carlos Mato cun pinchazo.
  • Expulsión: os pontecesáns Rubén e Tucho contra o final.
Partido parexo na primeira no que Toniño avisaba no min.5 e no min.27 para os xalleiros. O Santa Comba, con diagonais perigosas, e o Ponteceso que o intentaba tocando. Non se movía o marcador no primeiro tempo, no que o Ponteceso prantou cara en todo momento. Na segunda, o aspecto físico foi clave, e o cadro xalleiro tomou o mando e aproveitou o baixón pontecesán, Só foi nos últimos 15 minutos cando Baña e Mon encarrilaron a eliminatoria para os laranxas. Iso si, protestaron o Ponteceso pola chulesca arbitraxe, pois tras un partido limpo volve cargado de cartóns e coa primeira expulsión da vida de Tucho.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios