Corcubión prepárase para a carreira pedestre
08:05 07/09/17
O vindeiro sábado 16 de setembro terá lugar a XVI carreira pedrestre do concello de Corcubión que se enmarca dentro do Circuíto de Carreiras Populares "Correndo pola Costa da Morte" co que se fomenta a práctica da actividade física e deportiva.
Os interesados en participar poden anotarse ata o mércores día 13 antes das doce da noite. Na carreira poden participar nenos e nenas a partir dos 4 anos ata a categoría adulta repartidas en distintas categorías; pitufo (nados 2010-2014), benxamín (2008-2009), alevín (2006-2007), infantil (2004-2005), cadete (2002-2003), xuvenil (2000-2001), sénior 3K (nacidos de 1999 en diante), sénior 10K (1998 –1977 ), veteranos M40 (1976-1967) e veteranos M50 (1966 e anteriores).
Os primeiros en saír da liña de meta, situada na praza do Concello, serán os atletas da categoría pitufo, ás 17:.30 horas; os seguintes corredores, os benxamins (17:45 horas), os alevíns sairán ás 18 horas, mentras que ás 18:15 horas serán os atletas infantil e cadete, xuvenil e 3k e ás 19:00 será o pistoletazo de saída para os atletas da Sénior 10K, veteranos M40 e M50.
As categorías infantís participan de xeito gratuíto na proba mentres que os sénior e veteranos teñen que realizar o pagamento de 5€. As inscricións adulta deben realizarse a través de www.championchipnorte.com, quen se encargará de cronometrar a proba, mentres que as categorías infantís poden inscribirse a través de championchip ou no concello, logo de asinar a correspondente autorización paterna.
Durante a carreira haberá servicio de fisioterapia e o rematar, inchables para os máis pequenos.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Corcubión