Venres. 29.03.2024
El tiempo

Deporfelicidad.com: Buscando a cara máis feliz do ascenso

Deporfelicidad.com: Buscando a cara máis feliz do ascenso

A Costa da Morte sorprendeunos esta fin de semana coa súa avalancha na Coruña para festexar o ascenso do Deportivo. De feito, ao longo da noite, e mira que había milleiros de persoas pola vila herculina, topamos no estadio de Riazor e polas rúas xentes de Muxía, Malpica, Ponteceso, Corme, Dumbría, Vimianzo, Cee, Corcubión ou Carnota... demostrando que a Costa da Morte ten tamén más cores que o branco e o blaugrana.

Pois hoxe mesmo, o Deportivo da Coruña, da man das empresa do sector TIC galego Altia Consultores, Gradiant e a corcubionesa Galinus, nai deste diario, vén de abrir unha nova campaña: deporfelicidad.com.

Un concurso que busca as caras máis felices do ascenso, as caras máis felices do deportivismo, facendo gala do lema " "O Depor fainos felices".

Como participar

Deste xeito, Os afeccionados do Deportivo da Coruña poden participar no concurso, enviando unha fotografía que amose a súa cara máis sortinte para que un sistema tecnolóxico valore a porcentaxe de felicidade.

Durante os próximos sete días todos os aficionados que desexen participar poderán facelo enviando as súas fotografías-­‐felices á dirección [email protected] e automaticamente entrarán a participar nas promocións e premios vinculados á iniciativa.

Premios

As instantáneas máis valoradas serán premiadas con entradas nun palco vip ou coa equipación do equipo da vindeira tempada.

Máis información

Fonte

  • Nota de prensa de Galinus.

Comentarios