Doble pasillo de campionas para pechar unha tempada histórica do Fisober

Esta pasada fin de semana rematou a histórica campaña do Fisober na Liga Autonómica co campionato e o ascenso á Liga Nacional. O cadro soneirán tiña doble cita, e recibía doble "pasillo" de campionas, pois adiantaba a última xornada e visitaba a pista coruñesa do Riazor, e tamén voltaba con vitoria; e recibía ao Cidade das Burgas en Vimianzo para pechar o telón.
Iso si, as mozas de Iván Chans e Fran Toba non marchan de vacacións pois en Xuño agarda o Campionato de España.

Ademais, o cadro da Liga Provincial sufría para gañar ao Fervenza B, e rematará a campaña este vindeiro sábado fronte o Viaxes Amarelle ás 17:00h no Municipal de Vimianzo.

Liga Autonómica

  • Resultado: FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” - CIDADE DAS BURGAS (6-1).
  • FISOBER: Paula, Elsa, Ana, Noelia e Alba. Tamén xogaron: Myrella, Olalla, Barca, Patri, Ylenia, Eva e Nuria.
  • Goles: 0-1 María Romero , 1-1 Nuria, (descanso), 2-1 Ylenia, 3-1 Patri, 4-1 Nuria, 5-1 Nuria, 6-1 Noelia.
Este sábado no Pavillón de Vimianzo baixaba o telón en Liga Autonómica. E o Fisober pechou a tempada co Campeonato de Liga, cun pleno de vitorias na casa, sendo o equipo menos batido tras perder tan só tres partidos en toda a tempada, e sen ceder nin un empate.
Así e todo, todos eses logros quedaron ensombrecidos pola lesión de xeonllo de Elsa que tivo que abandonar o partido e tralo paso polo Hospital está á espera de máis probas para que o traumatólogo lle dea un diagnóstico definitivo.

Tralo pasillo de rigor ás campionas, Ana, nada máis comezar, puña á proba a porteira visitante, que tivo unha excelsa actuación sobre todo na primeira metade. E un minuto despois foi Noelia a que tivo a súa opción. Pero todo quedou nun segundo plano cando nunha xogada fortuita Elsa tivo un problema no xeonllo tendo que ser retirada da pista.
Esto non sentou nada ben o Fisober e a visitante María Romero aproveitou para adiantar as súas.
Ana respostou con dúas oportunidades para a igualada. E de novo a ourensana María Romero pudo incrementar vantaxe pero non pudo superar a Paula. E casi sin tempo para respirar a que tivo a oportunidade para igualar foi Ylenia.

Pero non puido facer nada cando a dous para o fin Patri vio un oco para enviar a Nuria e esta regateou a porteira e casi sin angulo empataba o partido. Sin tempo para respirar Patri recuperaba o balón e mandaba un chutazo o longueiro. E a segundos para o fin era Noelia quen pudo poñer en vantaxe as da Costa.

O tempo de lecer foi un bálsamo para as xóvenes xogadoras visitantes, que saíron como tiros e dominaron os primeiros minutos deste tempo. Poñendo en continuos apuros a unha Eva que se mostraba infranqueable. Pero as visitantes non aproveitaron as súas opcións e os minutos, pasaban e os seus folgos ían a menos. E desfaleceron cando no minuto nove Ylenia marcaba entre as pernas da porteira o dous a un despois dunha grandiosa xogada colectiva. Dende aquí solo hubo un equipo na pista, o Fisober foi intratable e os goles e as ocasións foron caendo. Aos once minutos Patri collía o balón no seu campo e despois dunha xogada personal facía o terceiro local. E no mesmo minuto era Nuria quen facía o cuarto.
Cando restaban catro minutos para o fin Nuria conseguía o seu terceiro gol na tarde e o quinto do Fisober. Sin respiro Patri casi marca o sexto. Un sexto e definitivo gol que conseguía Noelia a tres minutos para o fin. Patri non paraba e quería máis e mandaba un disparo o pau. O cal respostaba a visitante Namir mandando o longueiro. Antes do fin Olalla pudo facer o sétimo e Patri tiña dúas novas oportunidades nos últimos segundos.

Rematando así a exitosa tempada 2011/12 na Liga Autonómica para o Fisober, que xogará no fin de semana do 15 o 17 de Xuño o Campeonato de España que se disputará na Coruña.

Liga Autonómica

  • Resultado: RIAZOR- FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” (3-5).
  • FISOBER: Paula, Patri, Ylenia, Olalla e Myrella; tamén xogaron: Elsa, Nuria, Noelia, Alba, Barca, Eva e Ana.
  • Goles: 1-0 Paula, 1-1 Barca, 1-2 Alba, 2-2 Paula, (descanso) , 3-2 Victoria, 3-3 Barca, 3-4 Patri, 3-5 tiro de Barca que desviou Victoria a propia porta.

A tarde do venres 13 adiantaban o Riazor e o Fisober de común acordo o partido que debían xogar o sábado 21 para pechar o campeonato. As locais nun acto de enorme deportividade fixeron o pasillo o Fisober que conseguira o título matemáticamente na anterior xornada no seu enfrontamento fronte o Guntín.
Os dous equipos saíron relaxados o partido, sobre todo o Fisober liberado da tensión competitiva das anteriores xornadas, o que fixo que o partido fora entretido e con oportunidades. Xa de saída a meta visitante Paula tivo que intervir nunha contra do Riazor. A resposta para o Fisober correu a cargo de Myrella e pouco despois por parte de Olalla. Logo desto, sucesión de minutos cun ida e volta sin apenas perigo en ningunha das dúas áreas. Só destacar unha ocasión da visitante Nuria. Ata que os once minutos a local Paula aproveitaba un balón para defenir e poñer en vantaxe as súas. E case deseguido nun novo duelo de Paula a atacante local e a porteira visitante, desta vez venceu a porteira e evitou que se ampliara o marcador.

Pero o Fisober espertou e Barca poñía a igualada os doce minutos despois de facer unha ruleta o Zidane na área. E casi sin respiro Alba recuperaba un balón e poñía o 1 a 2 no electrónico. As visitantes apretaban e un tiro de Nuria obrigaba a unha espectacular intervención de meta local María. Cando máis controlado tiñan as do Fisober o partido Paula collía as costas das visitantes para facer a igualada a dous para o fin desta metade. Aínda así non se quería ir o tempo de lecer o Fisober con ese resultado, e Barca atopouse cunha brilante María en dúas ocasións e na terceira cando xa a superara frenouna o pau, chegandose con igualada o tempo de lecer.

A segunda metade tivo máis ritmo e máis ocasións en ambas porterías, xa os tres minutos despois dunha gran xogada local Victoria non chegaba por centímetros para desfacer a igualada. Ós cinco minutos o árbitro sinalou un penalti, as visitantes protestárono crían que non existira falta e de selo que non fora dentro, o cal se encargou de transformar Victoria para adiantar as súas. O Fisober non quería perder na súa visita a Coruña e decidiu aumentar o ritmo de partido. Así Myrella tivo a opción da igualada case como resposta o gol local.
Pero Riazor aproveitaba que o Fisober estaba volcado e saía en contrataques mortais, e Paula a oito para o fin mandaba o pau unha ocasión que puido complicar o partido o campeón. A resposta foi por parte de Barca, pero María parecía insuperable. Os minutos pasaban e a catro para o fin Patri foi derribada no área nun penalti o cal desta vez protestaron as locais. Barca encargouse de anotalo para empatar o partido. E Patri casi fai o cuarto na seguinte xogada. As locais tampouco se rendían e Lorena fixo lucirse a Eva. No ida e volta foi Nuria a que tivo a opción para o Fisober e Victoria para as locais. A dous para o fin un lanzamento da local Sara tocouno Eva e posteriormente foise o pau.
Quen non desaproveitou a oportunidade foi Patri quen marcou o cuarto para o Fisober e puxo en vantaxe as súas a dous para o fin. Cando solo restaban 38 segundos un disparo de Barca foi desviado en propia porta por Victoria para facer o quinto e darlle os tres puntos as da Costa. E aínda a seis segundos do fin un duro lanzamento de Nuria, enviouno a saque de esquina María.

Liga Provincial

  • Resultado: A FERVENZA B - FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO” (3-4).
  • FISOBER B: Martina, Iria, María, Inés e Laura; tamén xogaron: Myrella, Cris, Natalia, María Maroñas, Nuria e Catti.
  • Goles: 0-1 Laura, (descanso), 0-2 Laura, 1-2 Andrea de Paz, 2-2 Belén , 3-2 Laurita, 3-3 María, 3-4 Inés.
  • Xogaba na mañá do domingo no Pavillón das Lagoas de Narón o filial do Fisober o encontro aprazado a anterior semana fronte o Fervenza B, e para non ser menos que o primeiro equipo tamén conseguiu a victoria conseguindo un pleno de tres de tres neste fin de semana no clube da Costa. Amosando a melloría e o progreso feito dende comenzo de tempada. As de Ferrolterra que gañaron o sorteo e tiveron o saque inicial o seu favor, decidiron saír con porteira-xogadora para sorprender, pero como non o conseguiron pronto voltaron o estilo habitual. Presionaban as locais o filial do Fisober pero non creaban excesivos problemas a un ordeado equipo visitante, agazapado na busca dunha contra letal.
    As locais pouco a pouco foronse facendo co dominio do partido e do balón, nunha situación onde o filial do Fisober se sentía moi cómodo. Os dez minutos probaron sorte de falta as de Ferrolterra e Aita atopábase co pau da portería defendida por Martina. Ata que rondando a metade deste primeiro tempo , Laura aproveitaba a súa opción para marcar ante Nerea e poñer en vantaxe as visitantes. Eso deu máis folgos si cabe as visitantes para defender e saír con perigo a contra.

    Seguía o dominio local que buscaba sorprender dende lonxe a Martina aínda que sin excesivo perigo. Solo un tiro de Belén que tocou novamente o pau asustou as da Costa. Co 0 a 1 chegouse o tempo de lecer. A saída na segunda metade non podía ser mellor para o filial do Fisober xa que despois dunha excelente xogada, Laura desfixose no área dun par de rivais para marcar un auténtico golazo e poñer máis terra de por medio para as súas.
    As da Costa seguiron o seu e o filial da Fervenza seguía tentando sorprender dende lonxe , así foi Cel a que de novo se atopou co longueiro de Martina. E cando máis controlado parecía ter controlado o partido o filial do Fisober chegou un chutazo de Andrea de Paz para acurtar distanzas.
    O gol fixo moito dano as visitantes, que entraron nuns minutos de zozobra e así casi sin darse conta despois dunha xogada ensaiada empataban as de Ferrolterra por medio de Belén que se revolvio perfectamente no área.
    E só uns minutos despois unha xogada case calcada a anterior remataba co terceiro gol local por medio de Laurita, o que parecía tirar todo o bo traballo das visitantes en tan solo seis minutos.

    Pero en vez de virse abaixo como ocorría a principio de tempada, as do filial do Fisober seguiron loitando sin dar un balón por perdido e sin baixar os brazos. Deron un paso o fronte e tiveron as súas opcións por medio dunha falta que lanzou Myrella. E pouco despois unha xogada entre Myrella e Inés tivo que ser sacada baixo paus por unha xogadora local cando as visitantes xa celebraban a igualada Pero o filial do Fisober a cinco para o fin tivo a súa recompensa despois dunha xogada de Inés ela mesma disparaba forte ante Nerea a esta escapabaselle o balón e moi atenta a capitana visitante María lanzabase o chan para poñer a igualada no marcador.
    A Fervenza B decidía de novo utilizar a porteira-xogadora pero nun erro no cambio Inés foi a máis lista da clase rabuñou o balón e marcou a pracer o que foi o gol decisivo para a victoria do Fisober B. Dende aí ata o fin defensa numantina das da Costa ante o ataque de cinco local na busca do asubio final e tres puntos que viaxaron para a Costa.

    Destacar neste partido a volta de Martina que levaba lesionada dende Xaneiro despois de moitas horas de traballo en solitario e rehabilitación e os primeiros goles de Laura en categoría Provincial, e xa que marcou decidiu facelo por partida dobre.

    Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da campaña 2011-2012

Máis novas

Máis novas do Fisober

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
  • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.