Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Fisober, campión de inverno da Liga Autonómica

O Fisober, campión de inverno da Liga Autonómica

Voltaba a Liga para os equipos do fútbol sala feminino da Costa da Morte. E comezando o repaso por arriba, o Fisober voltaba despois do parón de Nadal e voltou con vitoria finalizando así a primeira volta como líder e a “honriña” de ser campeón de inverno da Liga Autonómica, nun partido que non foi dos mellores para as da Costa pero que as mantén con 3 puntos de vantaxe sobre o 2º, o Montiño Conc. Mos.

Xa na Liga Provincial, o Fisober B voltaba despois do longo parón que lles tocou xa que non tiñan partido de competición oficial dende o 10 de decembro. Xogaron ademais por primeira vez en Vimianzo, xa que ata o de agora tiveran que xogar como locais en Baiñas e mesmo na Ponte do Porto, amosando que van mellorando pasiño a pasiño e que non mereceron unha derrota tan abultada. As soneirás quedan 8ª con 4 puntos.
A Salina de Esteiro e o Concello de Ponteceso FSF aprazaron os seus choques co Viaxes Amarelle e Mabegondo respectivamente.

Liga Autonómica

  • Resultado: FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – RIAZOR (6-2).
  • FISOBER: Paula, Patri, Elsa, Ana e Barca ; tamén xogaron: Nuria, Myrella, Ylenia, Noelia, Alba, Eva e Olalla.
  • RIAZOR: María, Elena, Alba, Paula e Sara; tamén xogaron : Lorena, Victoria e Jesica.
  • GOLES: 1-0 Patri, 1-1 Lorena, 2-1 Paula en p.p. despois de tiro de Myrella, ( descanso) 3-1 Barca, 4-1 Ana, 5-1 Barca, 5-2 Lorena, 6-2 Olalla.

Presentábanse as dúbidas de como respondería o equipo despois do Nadal e eso marcou o partido, xa que as dúas formacións notaron o parón. Aínda así os dous minutos Barca xa dispuxo da primeira ocasión para as locais. E os tres minutos era Patri recibindo despois dun saque de banda quen poñía en vantaxa as da Costa aproveitando o despiste visitante.

Pero o Riazor non se amedrentou e un lanzamento de Alba tocouno o xustiño Paula para que se fose o longueiro. A resposta local foi cunha ocasión novamente de Barca. Os sete minutos foi Myrella quen dende a dereita realizou un forte disparo que se foi o pau da portería defendida por María.
Aos nove minutos un balón longo foi aproveitado por Lorena para poñer a igualada no electrónico de Vimianzo.
Pero por sorte para as locais pouco lles durou a ledicia as da Coruña, xa que unha combinación de ataque local terminou cun tiro de Myrella que mandou a súa propia porta Paula poñendo por diante de novo a Fisober.
A piques estivo de devolverle a moeda Riazor cun lanzamento de Lorena que puxo o medo na bancada.

Dende aquí o partido perdeu ritmo e volveuse o típico de volta de vacacións, con algunha ocasión aislada sobre todo para as locais que vían como a porteira do Riazor , María as despexaba con maior ou menor tranquilidade o igual ca local Paula.
Despois do tempo de lecer as locais decidiron darlle un puntiño máis de intensidade o partido, na busca de ampliar o tanteador e non vivir co susto no corpo.
As tres minutos foron Barca e Patri as que viron como María evitaba que a súa dobre ocasión puxera o terceiro no lado local. O partido voltou o ritmo da primeira metade ata que en tres minutos as locais o finiquitaron con tres goles. Foi entre o sete e o dez cando primeiro Barca no sete, despois Ana no nove e de novo Barca no dez deixaron case sentenciado o encontro.

Co cinco un no electrónico relaxaronse algo as locais o que propiciou que Riazor puxera a proba a Eva que ocupou a portería nesta segunda metade case inédita ata ese momento. Eva respostou con solvencia a serie de ocasións das visitantes. E cando non era Eva foi Elsa a que evitou o segundo gol visitante.
Os últimos minutos foron un ida e volta continuo, a catro minutos para o fin era Noelia quen despois dunha xogada individual vía como o seu lanzamento ía o pau. A tres para o fin respostaban as visitantes co segundo gol de Lorena poñendo o 5 a 2 no marcador.Unha Lorena que a dous para o fin vía como o seu lanzamento ía o pau e impedía o seu terceiro gol.
Ese minuto foi propicio xa que a resposta foi cunha nova ocasión de Noelia. Pero as do Fisober querían marcar un último gol e Olalla que aínda non marcara nesta tempada foi a encargada de pechar o marcador e o partido co 6 a 2 a dous para o fin.

Liga Provincial

  • Resultado: FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” B – A FERVENZA B (1-6).
  • FISOBER B: Catti, Iria, María, Tamara e Inés; tamén xogaron: Mónica, Laura, Cris, Natalia, Loly, María Maroñas e Martina.
  • GOLES: 1-0 Inés, 1-1 Aita, 1-2 Aita de penalti, 1-3 Belén, (descanso), 1-4 María Rodríguez, 1-5 Noelia, 1-6 Ana Queipo.

Non podía comenzar mellor o partido para as locais xa que un erro no pase das visitantes aproveitouno Inés para no man a man ca porteira poñer o Fisober B en vantaxa no primeiro minuto.
Eso deu confianza as da Costa que se atopaban cómodas en defensa e saíndo a contra. E nunha contra os sete minutos Inés enviou un pase elevado a María quen de volea vía como o seu forte disparo tocaba no traveseiro e se ía fora.
Parece que esa xogada fixo espertar totalmente as visitantes , que tomaron as rendas do partido. E empezaron a chegar con perigo a portería de Catti. E así os oito minutos era Aita a que poñía a igualada a un no marcador.

As visitantes chegaban cada vez con máis perigo. No minuto 14 era a local Tamara quen facía unha clara man para evitar un gol e o conseguinte penalti era transformado novamente por Aita.
Non se veu abaixo a pesar do mazazo o Fisober B e tentou seguir saíndo a contra . Pero os 18 minutos foi Belén a que poñía de forte disparo o 1 a 3 para a Fervenza. As visitantes dominaban cada vez máis e facían intervir a porteira local Catti pero o Fisober B non renunciaba a saír en perigosas contras e nunha desas cando faltaban tres minutos para o fin a capitana local María dispuña dunha clara ocasión despois dunha parede cunha compañeira pero o gol parecía pelexado con ela na tarde do sábado.
A pesar das ocasións para Fervenza e dalgunha outra para as locais o tanteador non se moveu e chegouse co 1 a 3 o tempo de lecer.

A segunda metade comenzou como a primeira cas locais un pouco máis enchufadas cas visitantes e así os catro minutos despois dun saque de esquina de novo a capitana local María loitaba un balón ca porteira visitante nesta segunda metade Nerea e tras dous lanzamentos o balón finalmente foise a rentes do pau axudado polo rexeite nunha defensa.
E de novo espertaron as visitantes que voltaron a tomar as rendas do partido. Comenzaron a dominar pero non chegaban ca mesma perigosidade ca na primeira metade para poñer en apuros a Martina que defendía a meta local nesta segunda metade.
Ata que no minuto 13 un lanzamento lonxano de María Rodríguez facía o 1 a 4 para as visitantes e rachaba definitivamente o partido.

Dende aquí ata o final o partido voltouse máis tolo, cun dominio e ocasións para as visitantes e as locais tentando saír a contra con boas combinacións pero nos metros finais pechabaselle a persiana.
E cando todo parecía que o resultado ía ser ese, nos dous últimos minutos as visitantes ampliaban o electrónico. Primeiro o facía Noelia a falla de dous para o fin e despois Ana Queipo a falla de 26 segundos para o remate do partido.

A pesares do resultado moi boa imaxe a deixada polo filial do Fisober. Destacar o debut de María Maroñas no Fisober B.

Máis información

Crónicas da campaña 2011-2012

Máis novas

Máis novas do Fisober

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.

Comentarios