Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Fisober remata o ano líder da Liga Autonómica mentres en Camariñas se volca co FS

O Fisober remata o ano líder da Liga Autonómica mentres en Camariñas se volca co FS

O Fisober venceu na tarde do sábado no último partido oficial do ano o Cidade das Burgas en Ourense o que lle permite rematar o 2011 como líder en solitario.

Ademais, na Liga Autonómica, só se disputaba un encontro con equipos costeiros, no que o cadro da A Salina de Esteiro vencía á Fervenza F.S.F. por un axustado 2-3. Un resultado que lles permite acabar o ano con 18 puntos, empatadas co Viaxes Amarella na 2ª praza a 6 puntos do Pino.

Damos conta ademais da aposta polo fútbol sala do Concello de Camariñas neste nadal.

Liga Autonómica

  • Resultado: CIDADE DAS BURGAS – FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” (1-5)
  • FISOBER: Eva, Patri, Elsa, Ana e Barca ; tamén xogaron : Nuria, Alba, Myrella, Ylenia, Noelia, Olalla e Paula.
  • Goles: 0-1 Nuria, 1-1 Helena, (descanso), 1-2 Patri, 1-3 Barca, 1-4 Nuria, 1-5 Alba.

Partido moi complicado o que tiveron que disputar as da Costa ante as xóvenes xogadoras ourensanas filial dun dos equipos de División de Honra. Empezaron fortes as locais poñendo en apuros a meta defendida por Eva nesta primeira metade. A primeira gran ocasión para as ourensanas foi para María os catro minutos . Pouco despois foi Aldara quen fixo lucir a Eva.

O Fisober decidiu subir a presión e froito dunha recuperación, Elsa dispuxo da opción de adiantar as visitantes os cinco minutos. Pero as locais seguían a crear perigo e foi a pequena Zaida a que se atopou con Eva nesta ocasión.
A partir do minuto sete Fisober comenzou a dominar máis o partido, así Nuria neste mesmo minuto atopouse un balón franco pero non foi quen de batir a Antía. E os dez minutos nunha dobre ocasión Ana e despois de novo Nuria eran as que non conquerían o ansiado primeiro gol. As locais chegaban menos pero con igual perigo e no rexeite dunha falta Alicia tiña unha boa ocasión.
Aos doce minutos pudo por fin adiantarse o equipo visitante despois dunha xogada de tiraliñas entre Myrella, Patri e gran finalización de Nuria. Aínda así seguía respondón o xoven equipo local e desta vez foi Raquel a que probou a Eva.
Os último cinco minutos tiveron dúas fases ben diferenciadas, un primeiro arreón visitante na búsqueda de aumentar distancias, na que Nuria, Patri cun lanzamento o pau e de novo Patri non foron capaces de conseguir o segundo gol.

E un fin de primeira metade para as locais con ocasión dobre para a bulliciosa María. E a rentes do último minuto o árbitro indicaba como cesión un balón que chegaba a Eva co conseguinte libre indirecto. No primeiro lanzamento que tapaba Ana o trencilla considerou que esta mesma se adiantara mostrandolle cartón e a repetición do lanzamento que desta vez Helena si conseguíu enviar as redes e empatar o partido.

A segunda metade comenzou co mesmo rumbo ca primeira. Os dous minutos Nuria tiña unha ocasión para as de Fisober , o que era respostado cunha dobre ocasión para as locais pero Paula quen defendía a meta visitante neste tempo respostaba de maneira efectiva.

Os catro minutos despois dun saque de esquina un rexeite chegaba a visitante Patri quen sola ante Antía non era quen de batila. Pero sin case tempo para lamentarse na seguinte acción o balón voltaba a Patri e desta vez si que non erraba para adiantar as de Fisober e cambiar de maneira definitiva o signo do partido.
As locais viñeronse algo abaixo e os cinco minutos Nuria de novo dispuña dunha opción de aumentar vantaxe. Algo que lograría nese mesmo minuto Barca o transformar un claro penalti por mans dunha xogadora local.
Aos seis minutos era Ana quen dispuña da opción de seguir aumentando vantaxe e nese mesmo minuto Nuria facía o 1 a 4. E solo un minuto despois unha xogadora local baixo os paus sacaba un balón que xa se cantaba como gol para Ana.
As locais non se rendían e tiñan ocasións por mediación de María. Máis aínda cando o colexiado a nove para o fin indicaba a quinta falta para o Fisober. O cal fixo que a sete para o fin Alicia dispuxera dun dobre penalti que foi enviado a saque de esquina por Paula. Unha Paula que de novo tivo que intervir de maneira excelente nese mesmo minuto.
Pero o Fisober convertiase en letal a contra e a cinco para o fin era Alba a que lograba o definitivo un a cinco. E a tres para o fin Patri se atopaba de novo co pau por segunda vez neste partido.
A dous para o final de novo Paula paraba un dobre penalti desta vez a Raquel e nos multiples rexeites foi finalmente Ylenia a que enviou a saque de esquina. E aínda no último minuto un novo dobre penalti era lanzado por Aldara moi desviado.
Case no último segundo un balón cruzado de Noelia o que non chegou por pouco Olalla converteuse na última ocasión dun partido e dun ano que deixa líder en solitario como mínimo ata o sete de Xaneiro que volta a Liga o Fisober.

Dende o Fisober queren desexar un Bo Nadal e un Feliz 2012 a toda a xente da Costa da Morte . E agradecer de maneira especial tamén a axuda e trato recibido, por entidades colaboradoras, socios, siareiros, medios de comunicación e todos aqueles que dunha ou outra maneira colaboran co clube.

Día do Fútbol Sala no Concello de Camariñas

Este venres 23 de decembro será o Día do Fútbol Sala no Concello de Camariñas. Celebrarán a xornada nas distintas parroquias (Arou, Camelle, Ponte do Porto e Xaviña) onde haberá uns hinchables relacionados có mundo do fútbol sala en horario matinal. a partires das 10:30 ata as 13:00 horas.

Máis de 30 equipos inscritos para xogar o I Torneo de Fútbol Sala 3x3 nas calles de Camariñas, concretamente na Praza do mercado onde a partires das 15:00 horas, comezará un torneo para nen@s dende os 5 ata os 15 anos, as categorías serán as de biberón, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete.

Para rematar a xornada, terán un partidazo de fútbol sala entre un combinado da AGJFS (asociación Galega de xogadores de futbol sala) que terá nas súas filas xogadores do Lobelle Santiago e Ázkar Lugo entre outros e un combinado de xogadores da Terceira e Segunda División B do fútbol Galego (contará con xogadores do Montañeiros, Coruxo, Pontevedra, Cerceda etamén con Víctor Vigo, xogador Camariñán do Cai Zaragoza da liga Asobal). O partido terá lugar no Pavillón do Areal e comezará as 21:00 horas. Entrada gratuita.

Máis información

Crónicas da campaña 2011-2012

Máis novas

Máis novas do Fisober

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.

Comentarios