Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Fisober tamén gaña sufrindo e mantén o liderato da Liga Autonómica

O Fisober tamén gaña sufrindo e mantén o liderato da Liga Autonómica

Vitoria importantísima do Fisober C. Vimianzo ante un dos mellores equipos da categoría por un axustado 3-4, pero que deixou un sabor amargo nas filas vimiancesas debido as lesións de Nuria Paz e Noelia García.
Con esta vitoria o Fisober segue líder e descolga da loita polo liderato ó Funeraria Apostol ó que lle saca 8 puntos de diferencia.

Pola súa banda a Liga Provincial descansaba esta fin de semana.

Liga Autonómica

  • Resultado: FUNERARIA APÓSTOL - FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO F.S.F (3-4)
  • FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO F.S.F.: Paula, Patri, Nuria, Ana e Barca; tamén xogaron: Noelia, Elsa, Myrella, Olalla, Maria, Iria e Eva.
  • Goles: 0-1 Nuria ; 1-1 Montse ; 1-2 Nuria; 1-3 Barca; 1-4 Patri; 2-4 Teresa; 3-4 Irene
  • Lesionadas: O rematar o partido tanto Nuria como Noelia trasladaronse ó Complexo hospitalario da Rosaleda donde lle fixeron una primeira exploración. Noelia tiña un forte golpe na cabeza e reposo deportivo durante 7 dias. E Nuria sofre unha escordadura de xeonllo e precisa reposo ata que a vexa o traumatólogo esta semana.

Empezaba ben o partido para as xogadoras da costa da norte, e os tres minutos Nuria adiantaba ás nosas despois dun saque de banda, non duraba moito a ledicia no bando visitante xa que Montse de forte disparo empataba o partido para as santiaguesas.

No tardaría moito Fisober en adiantarse no marcador outra vez por medio de Nuria tras un saque de esquina, este gol fixo que as xogadoras do Apostol tiveran máis control de balón cun Fisober defendendo na sua pista e saindo o contragolpe. Nun deses ataques chegou a primeira xogada desgraciada cando Noelia desequilibrase e choca contra o muro do pavillón levando un folte golpe na cabeza, o que fai que teña que ser substituida non volvendo participar no encontro. Con este resultado de 1-2 chegaríase ó descanso.

Xa na segunda parte o equipo local adiantou líneas cunha forte presión sobre as rapazas da costa da morte o que fixo que o partido fose un correcalles. Ós 5 minutos de comenzar a 2ª metade chega a segunda desgracia para o Fisober cando Nuria entra con forza a un balón dividido que lle provoca un forte golpe nuha rodilla tendo que abandonar a pista.

A lesión de Nuria espoleou a un Fisober que conseguiu anotar o 3 e 4 gol casi que consecutivos colocando un 1-4 a falta de 10 minutos para o final. Nese momento as santiaguesas decidiron sacar porteira xogadora conseguindo acortar distancias no marcador e provocando uns últimos minutos de infarto no que a loita e a entrega ata a extenuación das xogadoras vimiancesas impediron que se chegara ó final do partido con empate.

Vindeira cita

  • Liga Autonómica Femenina: Fisober (1º) vs Leis Pontevedra (3º). Domingo 29 ás 12:00h no Pavillón de Muxía.
  • Liga Provincial Femenina: Manureva vs Fisober B: Sábado 28 ás 18:00h en Arteixo.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da campaña 2011-2012

Máis novas

Máis novas do Fisober

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba..

Comentarios