Domingo. 03.07.2022
El tiempo

Dous atletas do Olimpia proclámanse campións da zona

Dous atletas do Olimpia proclámanse campións da zona
Xan Insua quedou campion en Cee-Foto-Olimpia

Este pasado venres 25 de xaneiro a Escola de Atletismo Olimpia-Bazarra participaba cun máis que salientable papel na Fase Zonal do Campo a Través Escolar, celebrada na Pobra do Caramiñal. O clube costeiro contaba coa participación de 9 atletas repartidos nos diferentes colexios da zona, dos que 2 trouxeron a medalla de ouro. O pequeno alevín Xan Insua (do Eugenio López) e o infantil Elian Numa (Manuela Rial) quedaron campións nas súas categorías.

Insua acabada a vitoria en alevíns nunha fermosa proba que dominou de principio a fin e onde culminou un fermoso duelo co atleta Salama Loufti, vengándose da vitoria deste en Negreira. E por detrás, na 20ª praza, entraba o dumbriés Ismael Agulleiro. Ademais, como dicimos Elian Numa vencía en infantís e pouco despois entraba Xabier Insua na 3ª praza, nunha proba dominada polos atletas da costa, xa que o 3º e 4º clasificado tamén foron da nosa bisbarra.

Tamén destacaron as alevín Marta Souto, co Eugenio López, que conseguóu unha magnífica 4ª posición, rematando moi preto do trío de cabeza. Por detrás dela finalizaban Aberu Ríos, do Manuela Rial na 10ª praza, Lucía Suárez, do Eugenio López, de 15ª, ambas alevíns de 1º ano, e Inés Vázquez, tamén do Eugenio que rematou entre as 20 mellores, nunha proba que gozou dun alto nivel competitivo.
Ademais, na categoría infantil de 1º ano, a dumbriesa Elena Carreira, completou unha gran actuación finalizando na 11ª posición nunha carreira onde pelou ata o final por entrar entre as 8 primeiras, posto que daba aceso a fase provincial.

Vindeira proba

Desta forma o vindeiro día 16 de febreiro o clube costeiro estará presente na seguinte fase, da man [email protected] atletas: Marta Souto (alevín fem.); Xan Insua (alevín masc.); Elian Numa (infantil masc.), Xabier Insua (infantil masc.); e a máis que posible actuación de Iván Fernández (infantil masc.) e Mario Insua (infantil masc.), que non puideron estar nesta proba por diferentes contratempos e que posiblemente reforcen o equipo do IES Agra de Raíces que vén de quedar primeiro clasificado nesta fase, quedando tras deles os rapaces do Manuel Rial. Alí voltaremos a gozar dunha nova xornada de Atletismo, e veremos se os nosos atletas conseguen o pase para participar na Fase Autonómica.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios