Dous campións e unha boa manda de peque-arqueiros soneiráns no Campionato Galego de Sala de Tiro con Arco
Grandísimo sabor de boca deixa o Campionato Galego de Sala 2017 aos nosos arqueiros irmandiños celebrado en Taboadela (Ourense). Ademais de grandes actuacións na base, dous nomes volveron lucir nos podios:
José María Lema (o presi do club Dousxsetenta de Vimianzo) proclamouse Campión Galego de Sala 2017 en categoría Veterano masculino. Ademais, o baiés Santi Soneira, da Agrupación Deportiva Su A Agra, volveu arrasar en categoría de Arco Espido, e renovou o seu título de campión galego (xa é o 3º!).
O baiés de Su A Agra Santi Soneira campión galego de tiro con arco espido en Taboadela Jose Maria Sanz do DousxSetenta campión galego de tiro con arcoExpedición baiesa
Tres arqueiros baieses participaron en Taboadela. Santi Soneira tivo que pelexar con 10 participantes. Comezou regulín e a primeira rolda o deixaba 3º por detrás de Elias Méndez e Genaro Otero. Xa en Cuartos eliminou a César García Pena de Arkeiros do Deza. Nas semifinais Soneira enfrontábase a un vello coñecido, Iñaki Fariña de Meigarco co xa disputara a final do campionato galego en Aire Libre no 2016. Repetía o 6-4 dos cuartos. E xa na final esperaba Elías Méndez, co que tras unha igualdade máxima, nos dous últimos envites, Soneira conseguiu meter de novo o 6-4 para proclamarse Campión Galego de Sala 2017.
Os baieses Brais Antelo Amado e Andres Mourelle Garcia debutaron en tiro con arcoEn categorías base, Brais Antelo Amado e Andrés Mourelle García debutaron na modalide de Arco Espido na categoría cadete. E o fixeron moi ben, xa que a pesar de non contar co minimo de participantes para proclarmarse Campión Galego tras os 2 round clasificatorios de 30 flechas cada un. Andrés Mourelle quedou 1º clasificado superando a puntuación de Brais Antelo.
Arqueiros vimianceses
Expedición do club vimiances DousxSetenta en Taboadela A arqueira Cris SantosUnha das notas máis importantes foi o triunfo do presidente do Club Dous por Setenta, José María Lema, despois de impoñerse na final 7-3 a Miguel Cid, do club Lumelar.
Pero a expedición irmandiña foi completisima. Uns 20 peque-arqueiros participaron nas categorías benxamín, alevín e infantil, cuns resultados máis que aceptables.
En categoría benxamín masculino obtivemos a cuarta e quinta posición con Dylan Ramíres e Sergio Platas respectivamente. Nesta mesma categoría, en féminas Cristina Santos proclamouse Subcampioa Galega, mentres que Arantxa Varela acadou o cuarto posto. As dúas competían nun galego por primeira vez.
Na categoría alevín masculina Yago García proclamouse Subcampión Galego na súa estrea na categoría, e Leonardo Calvo demostrou a súa boa progresión acadando a terceira posición. Isaac Varela foi cuarto; Erick Rodríguez fixo un meritorio quinto posto na súa primeira participación; Pablo Rodríguez foi sexto; Martín López , oitavo; Ángel Olveira, décimo; e Mario Pereiras, undécimo.
En féminas Paula Vázquez proclamouse Subcampioa Galega na súa estrea na nova categoría, mentres que María Lema acadou a terceira posición. Hai que destacar que María aínda é benxamín pero decidiu participar nunha categoría superior facendo un moi bo papel. Paula Pérez foi quinta clasificada.
Na categoría infantil feminina o club vimiancés un quinto e un sexto posto con Laura Ramos e Isabel Santos. Non chegaron ao podio pero competiron de marabilla. Igual que os seus compañeiros, José Vázquez, Marcos Esperante e Rafa Martínez en infantís masculina. José conseguíu meterse no podo cun flamante segundo posto, mentres que Marcos quedou a un paso (foi cuarto) e Rafa alcanzou a sétima praza.
Novas relacionadas
- Agosto 2016: Os arqueiros de Vimianzo copan o podio do torneo de Cambre.
- Maio 2016: Santi Soneira arrasa no tiro con arco galego.
- O baiés Santi Soneira, Campión Galego de Tiro con Arco.
- Os pequearqueiros de Vimianzo triunfaron no Campionato Galego.
- Unha homenaxe virtual aos outros deportes da Costa da Morte.
- Os arqueiros de Vimianzo aproban con nota o previo ao Campionato Galego de Tiro con Arco en Sala.
- Os pequearqueiros de Vimianzo demostraron o seu potencial no Campionato Galego.
- Os miniarqueiros de Vimianzo con arcos novos.
- As miniarqueiras irmandiñas de Vimianzo seguen crecendo.
- Vimianzo ten canteira de arqueiros.
- A Costa da Morte envía aos seus mellores xogadores de Dardos ao Campionato Galego.
- Os arqueiros de Baio e Vimianzo cólanse entre os mellores de Galicia.
- Vimianzo volveu sacar os arcos de Dousxsetenta en Silleda.
- Retrato de dúas familias de arqueiros.
- Dous x Setenta e Su A Agra.