Dous vimianceses no podio da San Silvestre de Camariñas e outra na Pedestre carballesa
Estreouse o Balonmán Camariñas en materia atlética, e o fixo cunha fermosa San Silvestre. Un tipo de proba que ademais terá hoxe, 31 de decembro, outra cita importante, coa San Silvestre de Baio, que ademais terá o seu toque de humor. E en Baio, seguramente estarán os vimianceses Míchel Antelo e Vicky Fernández, que ocuparon o 3º posto na 1º San Silvestre do Bm. Camariñas.
Unha San Silvestre na que participaron máis de 150 persoas, e que en categoría absoluta vencían o nicrariense Luís Calvo en categoría absoluta masculina, e a da Estrada Isabel Sáez, quedando por diante de Marcos Rosende e Laura Rosende, ambos tamén da Estrada.
Pedestre Carballesa
Esta fin de semana tamén houbo proba en Carballo, neste caso a Carreira Pedestre do Anllóns, organizada polo clube Os Muditos. A participación rozaba o medio millar de atletas. E tamén Vimianzo tivo o seu espazo no podio, coa vitoria de Teresa Castro na proba feminina.
En categoría masculina o coruñés Nicolás Domímguez gañaba e o carballés Andrés Eirís fixo un terceiro posto.
Os que estiveron presentes, sempre en loita, foron os membros da Plataforma Contramínate, que seguen berrando contra o proxecto mineiro de Corcoesto.
Máis información
- Camarinas.net: Clasificación Categoría Absoluta.
- Camarinas.net: Clasificación Categorías Base.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).