mércores. 30.04.2025
El tiempo

Dúas vitorias e dúas derrotas para os nosos na Preferente

Dúas vitorias e dúas derrotas para os nosos na Preferente

Soneira - Ribadeo (0-3)

  • SONEIRA: Víctor, Pichi, Brais (Oscar, min.60), Maikel, Sito, Fran de Urroa, Baba, Richi (Leo, min.60), De la Sierra (Riki, min.75), Basti e Javi (Cristian Canosa, min.85).
  • Goles: 0-1, min.21; 0-2, min.33; 0-3, min.39: en propia porta.
  • Arbitro: Agustín Hernández Giadans asistido por Miguel Angel Vilas Moreno e Jose Manuel Gonzalez Laiño
Mal debut do Soneira na casa que non puido facer bo o empate da semana pasada en Sada e acabou perdendo nunha primeira metade desastrosa dos xogadores de Felipe. Pouco público se acercou ao Municipal de Vimianzo, a xente segue apurando os últimos días de praia e posiblemente acudiran máis seguidores do Ribadeo que do equipo branco.
Os soneiráns tiraron o encontro nos primeiros 45 minutos. O Ribadeo mostrouse como un equipo moi serio que apenas deixou manobrar no medio campo ao equipo local que se vía obrigado a abusar dos balóns en longo, coa diferenza con respecto a outros anos que non conta con dianteiros de envergadura para disputar ese balóns aos centrais rivais. Un erro na marca dos centrais propiciou o primeiro gol, o dianteiro visitante plantouse só ante Víctor e marcou pegado a cepa do pau, a piques estivo Víctor de deter o balón no man a man. Tres minutos máis tarde Javi puido devolver a igualada, pero só co porteiro tiroulle o esférico as mans. No minuto 33 unha contra moi ben trenzada, co pase a banda e centro para que o dianteiro lucense axustara de novo o balón a cepa do pau ante o que Víctor nada puido facer. De novo tiveron ocasión os brancos para tentar reducir distancias, unha falta sacada rapidamente por De La Sierra para Javi, pilla os visitantes por sorpresa, pero o centro de Javi pasa por entre as pernas de Baba que estaba só con toda a porta para el. Os locais perdoaban, pero os da Mariña non, e acto seguido un forte disparo dende fóra da área é desviado a córner polo meta local, na saída dun córner e tras remate dun xogador visitante Fran de Urroa acaba metendo o balón na súa propia meta. Este gol acabou por romper por completo o encontro, na segunda metade apenas houbo ocasións de gol, os locais non creron moita na remontada e os visitante adicáronse a administrar a vantaxe que tiñan, tan só destacar un par de ocasións por cada bando, no minuto 83 unha boa intervención de Víctor a disparo dende fóra da área e no minuto 86 un remate de cabeza de Óscar que parou con apuros o meta visitante. Toca borrón e conta nova para o xoven equipo de Felipe que lle vai tocar sufrir bastante esta campaña, pero ten nivel suficiente para acadar a permanencia un ano máis.

Agrupación Estudiantil - C.F Dumbria (2-1)

  • DUMBRIA: Julian, Martin (Rudi), David, Pablo, Aaron Fernández, Aaron López, Doro (Cote), Jota, Nieto (Jesús), Adrián Makaay e Dani Casal (David Lourido). Quedou Iván sen xogar.
  • Goles : 0-1, min.5: Gol en propia porta tras unha cesión o porteiro; 1-1, min.25: Penalti inexistente de Pablo Conde por presuntas mans dentro da área, lanza e transforma Colon; 2-1, min. 31: Ayaso dispara dende 35 metros e o balón entra por toda a escadra, facendo imposible a estirada de Julian.
  • Arbitro : Rubén Folgueira Rios, asistido por Tania Fente Pena e Javier Perez Prado. Amoestou a Aaron López, Makaay, Jota e David polo Dumbria e Colon é Yupe polo Estudiantil.
O Dumbria puxo o partido de cara tras un erro garrafal do porteiro local tras unha cesión dun compañeiro de equipo. Pero a alegria do primeiro gol transformariase en rabia poucos minutos mais tarde cando o colexiado sinalaba un penalti inexistente dentro da área do Dumbria por unhas  mans de Pablo Conde que non existiron, a pena máxima e lanzada perfectamente por Colon e transforma o que sería o 1-1. O encontro continuaria con un xogo moi moi trabado, moitas faltas non sinaladas polo arbitro, incluso houbo varios penaltis a favor do Dumbria que o árbitro non quixo sinalar, e incluso nun deles produciase a lesión de Doro que tería que ser substituído. Pouco despois un lanzamento dende fóra da área colaríase pola escadra do conxunto Dumbriés que faría que se adiantaran no marcador. Así remataría a primeira metade con pouco e moi mal xogo do Dumbria. Na segunda parte mellorarían os homes de José Canosa no estilo de xogo tendo tres ocasións moi claras para empatar e incluso para levarse os tres puntos, pero os goles non chegarían. E os 3 puntos se quedarían para o equipo local.

Bergantiños C.F - S.D Chantada (2-1)

  • BERGANTIÑOS: Cristopher, Alex Canedo, Dani Becerra, Alex Figueiras (Souto), Iván Amor, Gonzalo, Alexandre, Sergio, Roberto Pñeiro (Parafita), Loureiro e Luis (Brais).
  • Goles: 1-0: Roberto Piñeiro; 1-1 ; 2-1: Dani Becerra.
  • Arbitro: Samuel Gil Caldelas, asistido por Julio José Martinez Barral e Jesús Calvelo Iglesias.
Partido moi igualado o que se disputou nas Eiroas, o Bergantiños intentaba despregar o seu xogo pero non era capaz de sacar nada en limpo, Ao pouco de comezar o encontro os locais fallaban un penalti lanzado por Iván Amor. Segundo ían pasando os minutos o partido era máis tosco e embarullado, pasaban os minutos e as ocasións non chegaban de ningún dos lados, os goles foron en xogadas ailladas e os cales a maioría foron do lado do Bergantiños que lles daría a vitoria e os tres puntos.

Silva S.D - Xallas de Santa Comba C.F (1-2)

  • XALLAS DE SANTA COMBA: Pablo, Ruben,Hector, Rubio, Alberto, Cesar (Jesús), Alfonsito, Dario (Toño), Marquiños (Ismael), Arnejo é Richi (Iván Forján).
  • Goles: 0-1, min. 18: Darío, de córner directo;  1-1, min.32; 1-2, min.85: Alfonsito.
  • Arbitro : Yago Garitaonaindia Diaz, asistido por Alvaro Gil Soriano e Alejandro Vilariño Hidalgo.
O Xallas de Santa Comba chegaba cas ideas claras de sacar algo positivo da de feito os primeiros 20 minutos foron un monólogo do equipo xalleiro pero isto ía cambiar pouco a pouco ata poñer as cousas moi igualadas. O Xallas de Santa Comba adiantaríase moi cedo cun auténtico golazo de Dario de córner directo, pouco despois empataría o encontro o Silva para ir cas táboas no marcador ao descanso. A segunda parte estivo moi igualada por ambos lados, e nos últimos minutos unha xogada ben trenzada por parte do Xallas de Santa Comba acabaría co balón no fondo das mallas do Silva tralo remate de Alfonsito. O colexiado expulsaría a un xogador do Xallas de Santa Comba ás portas de terminar o encontro por unha patada que  interpretaría como agresión. O final do partido chegaría con 5 minutos de desconto e coa vitoria dos verde-laranxas que se manteñen nos postos de cabeza.

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios