mércores. 30.04.2025
El tiempo

Dumbría acolle este domingo o Campionato de Galicia de Ciclocross

Dumbría acolle este domingo o Campionato de Galicia de Ciclocross
Presentacion do Campionato Galego de Ciclocross en Dumbria Campionato Galego de Ciclocross de Dumbria

Se xa o dixemos. En Dumbría, cando apostan por un deporte, van polo máximo. Desta volta toca ciclocross, e se hai apenas un par de semanas Dumbría estreábase cunha proba con máis de 100 participantes, este domingo acollerá o Campionato de Galicia de Ciclocross.

A proba desenvolverase o domingo dia 29 a partir das 10:30h nas inmediaciones das instalacións deportivas de O Conco sobre un circuito que, tralo paso do temporal sufrirá algunhas variacións, en canto á formulación técnica dos participantes sobre a outra proba celebrada anteriormente, ao contar con algunhas zonas un pouco máis pesadas.
Farase unha ampliación sobre o percorrido orixinal para completar os 2.800 metros e haberá algunha novidade en canto aos obstáculos artificiais. Haberá unha proba de promoción para a categoría de infantís.

O acto de presentación tivo lugar no aula multimedia de O Conco e contou coa presenza do Alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeno, o Presidente da Federación Galega de Ciclismo, Manuel Tallón e os técnicos do Concello e da FGC, César Ferrío e José Angel Vidal, respectivamente.

Novas relacionadas

Fonte e máis información

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios