Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Dumbría acolle o Campionato de España de Slalom que chega por primeira vez a Galicia

Dumbría acolle o Campionato de España de Slalom que chega por primeira vez a Galicia

Nunca tal se viu en Galicia, pero é que Dumbría segue a romper moldes. O Campionato de España de Slalom, na modalidade olímpica de Augas Bravas, dispútase por primeira vez en Galicia, e non é de estrañar que o lugar elexido fose Dumbría.

I é que será unha frenética fin de semana de actividade deportiva no Concello de Dumbría, no que, ademáis da programación deportiva da Festa da Praia, celebrarase o Campionato de Slalom que inclúe tamén Campionato de España por Seleccions Autonómicas.

Os mellores de España en Olveira

O Campo de Slalom de Olveira recibe ós mellores palistas infantiles de este espectacular deporte de toda a peninsula, onde estarán presentes os mellores clubes de España e Portugal, cunha excelente representación de palistas galegos. Clubes de Cataluña, Pais vasco, Andalucía, Castilla León, Murcia, Aragón, etc... encherán o rio Xallas coas futuras estrelas que representarán ó noso pais nuns xogos olimpicos. De feito, catalans, co Club Cadí de La Seu D´Urgell e vascos, co Atlético San Sebastián e o Club Santiagotarrak de Irún son os favoritos para repartirse os postos por clubes no podium.

As competicións decorrerán da seguinte maneira: 11:00 da mañá, primeira saida do Campeonato de España de Jovenes Promesas de Slalom. As 16:00 será o turno dos máis pequeniños, na Copa Galega de Promoción de Slalom, e a partir das 7 da tarde, será o turno da competición por patrullas no Campeonato de España de Slalom por Comunidades Autónomas.

Posibilidades dos da casa

Entre os palistas de Dumbría, haberá que estar moi atentos á participación de Martín Quintáns e Kiara Martínez (na imaxe, competindo o pasado fin de semán en Sort), posto que despois do sexto posto acadado o pasado fin de semán na Copa de España disputada en Sort, (Lleida) seguro que melloran postos na competición que se disputa en casa, e no caso de Martín, que ficou a apenas uns segundos das medallas, podería significar un podium. É moi complicado, pero Martín está disposto a dar a sorpresa.

A participación dumbriesa se verá completada coa participación de Monchi Lado e Andrea Souto. Tamén dentro dos equipos que representarán a Galicia no Campeonato de España por Comunidades Autónomas haberá representación dumbriesa, con Martín Quintáns no equipo de C1, e Kiara Martinez e Andrea Souto no equipo de K1 femenino.

A competición sae adiante gracias a colaboración de Ferroatlantica, Tecsega e Cárnicas Raposo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios