mércores. 30.04.2025
El tiempo

Dumbría segue apostando polo fútbol base cun curso de monitor

Dumbría segue apostando polo fútbol base cun curso de monitor

Esta tarde de mércores 21 de agosto, cudirá a Dumbría o Director da Escola Galega de Adestradores, Manuel Mosquera (actual adestrador do Laracha), para explicar en detalle (acompañado de membros da Federación e persoal que impartirá o curso) o contido e alcance do novo curso que está a prantexar o Dumbría.

I é que nas vindeiras datas vai ter lugar no complexo deportivo de O Conco-Dumbría un curso de Monitor de Fútbol Base que convoca a Federación Galega de Fútbol, a través da Escola Galega de Adestradores. Estará dirixido a calquera persoa vinculada a calquera club de fútbol que queira obter este título. Este curso conduce á obtención do diploma federativo de Monitor de Fútbol Base, especialidade fútbol, avalado pola Escola Nacional de Adestradores da RFEF, que á súa vez permite a convalidación do Bloque de Prácticas a realizar cando efectúen o Curso de Nivel 1 federativo de Instructor de Fútbol Base.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios