Venres. 01.03.2024
El tiempo

Dumbría xa é potencia en Volei Praia

Dumbría xa é potencia en Volei Praia

Doble sesión de volei praia costeiro durante a pasada fin de semana. O Ézaro acollía, de novo, unha proba do campionato galego de volei, mentres varios xogadores do Volei Dumbría daban o salto e participaban na praia de Barraña, en Boiro, o Campionato de España de Volei Praia por clubes para a categoría cadete masculina.

Campionato de España Cadete en Boiro

A parella costeira en Boiro no Campionato de Espana de Volei Praia

Uns cadetes dumbrieses Manuel Marcote e Javier Domínguez, habituais da Selección Galega, prantábanse nada menos que na finalísima. Tras unha primeira derrota ante o equipo subcampión, o Voleibol San Pedro (2-0: 21-13/21-12), rexurdían fronte o CV Oviedo a quen vencían nun emocionante choque por 2 sets a 1 e parciais de 14-21/21-12 e 15-13.
O primeiro set do seguinte partido, que deu a primeira vantaxe 21 a 16 ao Dumbría fronte o Costa Azahar foi o que meteu aos da Costa da Morte entre os nove conxuntos da segunda fase, a pesar de caer finalmente ante os castellonenses nos seguintes dous sets, 21-7 e 8-15.
Os de Ézaro abriron os cruces na mañá do sábado fronte o Coslada Voley Alcorcón, un partido que dominaron os madrileños 21 a 8 e 21 a 10. Tras un implacable parcial de 21 a 6 anotado polos andaluces de Costa del Vóley no segundo encontro da fase os dumbrieses rexurdiron para igualar a contenda 21 a 18 e rematar moi preto de seguir a súa escalada no nacional. Non puido ser, e un apretado tie break que acabou 15 a 12 relegou ao Dumbría ao Torneo de Consolación xunto aos dous equipos galegos restantes.

Tras as vitorias do Dumbría VB e o Bruxas fronte Costa Azahar (2-1 e 2-0 respectivamente), chegaría o segundo pulso entre galegos protagonizado polo equipo dumbriés e o Barraña. Comezou adiantándose o equipo fisterrán cun 21 a 17, que contrarrestaban os boirenses nun traballado segundo set que rematou 21 a 14. A igualdade foi máxima no desempate, pero na recta final os campións galegos aproveitaron todo o seu potencial para pechar a contenda 15 a 13 e achegarse a esa novena posición na que remataban finalmente tras superar pouco despois ao Costa Azahar por 2 a 1.
A décima praza sería para o Volei Dumbría que acadaba esa posición tras superar en dous sets ao Bruxas no derbi final do campionato (21-17/21-18), deixando aos santiagueses en décimo primeira posición.

Campionatos galegos no Ézaro

Campionato de Volei Praia Masculino no Ezaro

Mentres, a praia do Ézaro acollía os Campionatos Galegos sub-19 e sub-21 de Volei Praia. O areal dumbriés, xa toda unha referencia a nivel estatal neste deporte, recibía de novo centos de persoas, con case 50 equipos e máis de cen deportistas.

Foron finalmente as irmáns Rozas, do Emeve de Lugo, quen arrasaron e levaron o doble título, vencendo nas dúas finais a parellas do Zalaeta.
En masculino, a vitoria foi para o Voleivol Vigo, quedando na categoría sub-15 o único equipo dumbriés en competición na terceira praza.

Jorge Parri non perde ollo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios