Venres. 26.04.2024
El tiempo

E lojo, non hai unha man?

E lojo, non hai unha man?
O Xallas visita ao Bertamiráns, o equipo que marca o descenso na Preferente, onde o Soneira recibe a un Arteixo en pleno proceso de rexeneración; o derbi en Ara Solis entre Fisterra e Zas acapara a atención de varias ligas O Corme buscará defender o seu lugar A solidariedade que acostuman a presentar os clubes da Coruña, Mariñas, Ferrolterra ou Santiago, que ata ten creado ligas ficticias como a Primeira actual, emerxe agpra nunha Preferente onde o Xallas adquire dalgún xeito o disfraz de Capitán Costa da Morte para evitarlle males maiores ao Soneira… e aos que miran para arriba nas categorías inferiores. Os combeses acuden a Santiago para medirse ao clube que mide a salvación, no feudo máis menudo da categoría. Pola súa banda, os da Vila Irmandiña reciben a un Arteixo cheo de vellos coñecidos, incluído un Vituco con cántico aínda na bancada, e con Marcos Suárez como adestrador e xogador. En Bergantiños haberá derbi entre o Laracha e un Sofán que pode sen comprexos mirarlle á faciana. Na Primeira Ara Solis ten moito que dicir nos intereses da Costa, especialmente para un Sporting Zas que ten moitas menos urxencias que o Fisterra, sobrevivinte endogámico e con solucións da casa para males exóxenos. Un Outes sen comprexos pode facerlle un favor grande ao Dumbría na loita polo título, pero sobre todo a si mesmo na carreira pola permanencia. Pola súa banda, os do Conco recibirán a un Sigüeiro con nomes e poucos puntos relativamente. A remozada Liga da Costa parte en San Pedro cunha peaxe non divina, pero si ruda para o bronce até agora, un San Lorenzo que en Castriz debe manter a súa fiabilidade de 2017, do mesmo xeito que no derbi debe ser fiable un Ponteceso que en Buño non pode fallar. Haberá dicotomía entre os intereses dun Mazaricos con ganas de recuperarse e un Corcubión loitando por manterse, así como no Cairo sucederá entre Corme e Porteño, vellos coñecidos persoal e corporativamente. Na Rocheira de Coristanco un Laxe con esperanza terá que adaptarse ao concepto de derbi e batalla para atopar unha esperanza gañada a pulso. Só sete puntos ten o intratable Muxía sobre un Ameixenda que non o terá sinxelo en Cabana, pero tampouco os da Vila da Barca en Malpica ante os 'SuperSeaiáns', despois dos dez goles que lle fixeron ao Outes B, rival esta semana do Castrelo.  

PreferenteNorte, xornada 25

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 23

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 23

 

LigaGalega Xuvenil, xornada 22

1ªXuvenil, Gr.2, xornada 18

 

1ªXuvenil, Gr.3, xornada 22

LigaGalega Cadete, xornada 22

1ªCadete, xornada 19

LigaGalega Infantil, xornada 21

1ªInfantil, xornada 21

LigaAlevínSur, xornada 17

LigaBenxamínSur, xornada 17

LigasVeteranos, 1ª División

LigasVeteranos, 1ª División

 

Máisinformación

Comentarios