Empate amargo do Balomán Camariñas no seu debut na Liga polo título

18:35 18/01/11
Mentres as augas seguen convulsas no Balonmán Encaixe, o equipo masculino da vila conserveira mantén a boa liña. Esta pasada fin de semana debutaba na Liguiña polo título e acadaba un empate que lles soubo a pouco, pois os de Dioni Quenlle desperdiciaron unha vantaxe de 9 goles a 18 minutos do final, para rematar un inxusto penalti en contra que lles deu un empate co que non contaban aos do Viña Costeira Ribeiro.
Datos do encontro

- Resultado: Boya Balonmán Camariñas, 29 - VIña Costeira Ribeiro, 29.
- Conservas Boya: Lalá (p), Víctor (p), Diego Alonso, Felipe (7), Quin (5), Lorenzo, Moncho (4), Salva (2), Caamaño, Catalán (2), José Ramón (1), Xabi (3), Perón (3).

Vindeira cita
O próximo partido será en Cangas o sábado 22 de xaneiro de 2010.Máis información
Novas relacionadas
- Bruno López deixa o banco do Balonmán Encaixe.
- O Balonmán Camariñas celebra o seu pase á seguinte fase cunha visita a Cerdeimar e unha boa verbena.
- O Balonmán Camariñas loitará polo título e o celebra cunha festa de Nadal.
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa do Balonmán Camariñas da man de Perfecto.