Xoves. 10.10.2024
El tiempo

En Bici unindo Cee e Fisterra pola Terra Neria

En Bici unindo Cee e Fisterra pola Terra Neria
Volta Terra Neria 112 ciclistas tomaron a saída dende o pavillón de Cee este pasado sábado 31 de outubro na IV Volta Terra Neria, organizada polo Club Ciclista Cee e contou coa colaboración do Concello de Cee, Policia Local Cee, Proteccion Civil Cee e Fisterra. Foron un total de 42 km e houbo equipos ata de Vigo, aínda que foi, iso si, o Club Ciclista Dumbría o máis numeroso. O primeiro en chegar á meta, tras 2 horas e 18 minutos, foi o dorsal nº1, Jesús Leis, do club santiagués 3 3&Run Bike Team Anova. A primeira en categoría feminina (3 horas e 51 minutos) foi Raquel Guldris Rei, dorsal n.2 do club santiagués Club Bicis Olveira Santiago. O participante máis novo foi Sergio Queijo Rama e o máis veterano, David Curral Valladares. O presidente do Club Cilista Cee Antonio Gonzalez e a Concelleira de Deportes de Cee Maria do Carmen Díaz Freire na saída da Volta Terra Neria O presidente do Club Cilista Cee Antonio Gonzalez e a Concelleira de Deportes de Cee Maria do Carmen Díaz Freire na saída da Volta Terra Neria

Fonte

Comentarios