En marcha a Escola de Vela Municipal de Vela de Corcubión


Este sábado 5 de febreiro se desenvolverá a primeira sesión da pioneira Escola Municipal de Vela de Corcubión. Unha Escola que vén artellada polo Clube Martítimo Carrumeiro e a Cataventos Escola de Vela, e que como non, conta co apoio do Concello corcubionés. Todo no marco do proxecto de Cataventos de achegar o mar a toda a poboación da bisbarra.
Xa hai 9 apuntados, e as 9 familias terán a sesión inforamtiva mañá venres ás 20:00h no Concello. Alí, Noemí Bermúdez Elorza, Marcos Trillo (de Cataventos) e Lalo Insua e Carlos Pazos (do concello), explicarán os pormenores do desenvolvento da Escola. Polo de pronto o prazo segue aberto se ben os que se apunten a última hora non poderán comezar esta semana pola necesadidade de tramitar os seguros.
Así, arredor das 11:00h da mañá do sábado os futuros regatistas saltarán ao mar, para teren os primeiros contactos cos barcos, pero sobre todo coa auga. I é que son moi pequeneiros, como nos conta a proipia Noemí, xa que os 9 apuntados teñen unha idade comprendida entre os 6 e os 9 anos.
Nuns meses, estes pequechos poderán disfrutar do vento como os pequechos ceenses que participaron no programa O Mar na Escola.
Máis información
- Blog da radiONeria: Entrevista con Cataventos na radiONeria.
Novas relacionadas
- Cataventos cítase coa vela en Vilagarcía e cos kaiaks e Aspadex en Corcubión.
- Malpica convírtese no epicentro do surf do país.
- Apem e Aspadex achéganse ao mar con Cataventos.
- Pioneira Escola de Vela en Corcubión.
- Aspadex e Apem culminan o seu encontro coa vela.
- Estudiando o Mar na Escola.
Fonte
- Nota de prensa de Cataventos Escola de Vela, da man de María Alcalde Coordinadora de actividades.