Domingo. 17.11.2019
El tiempo

En marcha o Circuito de Xadrez da Costa da Morte

En marcha o Circuito de Xadrez da Costa da Morte
Circuito Costa da Morte de Xadrez dende Muxía

Fantástica a iniciativa da xente do xadrez da Costa da Morte. Dende Muxía e para toda a bisbarra nace o 1º Circuito de Xadrez Costa da Morte Concello de Muxía, que prentende espallar este deporte por toda a bisbarra levando diferentes campionatos por Muxía, Corcubión, Vmianzo, Carnota, Camariñas e Fisterra.

Así, o Concello de Muxía e o Club de Xadrez Cabo Touriñán teñen xa preparado este 1º Circuito de Xadrez Costa da Morte Concello de Muxía, unha festa deportiva na que tamén colaboran a Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Deporte Galego, e os Concellos de Camariñas, Corcubión, Carnota, Fisterra e Vimianzo, ademais da Asocioación O Casino de Fisterra e Cocacola.

Torneos na Costa da Morte

Torneos do Circuito Xadrez Costa da Morte

Máis datos

Para os nenos nados entre o 2004 e 1997 inscritos no programa XOGADE, disporase dun autobús para o desprazamento, sempre e cando os nenos interesados superen a quincena.

As categorías as que vai dirixido son:

  • Sub-08: Nados no 2.005 e 2006 (Prebenxamíns).
  • Sub-10: Nados nos anos 2004 e 2003 (Benxamíns).
  • Sub-12: Nados nos anos 2002 e 2001 (Alevíns).
  • Sub-14: Nados nos anos 2000 e 1999 (Infantil).
  • Absoluta: Nados nos anos 1998 e anteriores.

Máis información

Novas relacionadas

Xadrez na Costa

Fonte

Comentarios