Esta fin de semana toca nova sesión de volei na praia do Ézaro


A ver se o tempo dá unha tregua. Xa que esta fin de semana do 9 e 10 de xullo celébrarase a 3º proba do Circuíto Galego de Categorías Inferiores de Volei Praia 2011 na praia de Ézaro (Dumbría). As categorías sub 15 e sub 19 xogarán o sábado 9 mentres que ás categorias sub 17 e sub 21 tocaralles o domingo 10.
Trala primeira proba celebrada no mes de xuño, o concello dumbriés confirmara para esta fin de semana a 3ª proba do campionato Galego, 2ª a celebrar en Dumbría, confirmando a aposta deste Concello polo deporte de base e apromoción do mesmo através das distintas disciplinas a escoller dentro do programa deportivo anual.
Non será esta a última proba do ano, na Festa da Praia, 5, 6 e 7 de agosto a praia do Ézaro acollerá o Campionato Galego absoluto puntuable para o Ranking Nacional, onde as millores parellas de Galicia e mesmo algunha de ámbito nacinal, ofrecerán un espetáculo para recordar.
Novas relacionadas
- O Ézaro vibrou co volei praia e disfrutou co éxito dos xogadores do Manuela Rial.
- Laxe prepara a praia un Campionato de volei o vindeiro 16 de xullo.
- Nace o Clube Ciclista Dumbría.
- Volei no Ézaro 2010: A multifesta da Praia do Ézaro aguantou o nordés.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Dumbría da man de César Ferrío.