Luns. 09.09.2024
El tiempo

Eva e Patri volveron a casa para botar da Copa Xunta ao Fisober

Eva e Patri volveron a casa para botar da Copa Xunta ao Fisober
Patri na esquerda co Viaxes Amarelle

Volvían Eva e Patri a Vimianzo pero con outra camisola, a do Viaxes Amarelle, un dos equipos máis potentes de Galicia tralas súas flamantes fichaxes de verán. Foi unha unha sensación extrana para todos, os membros da familia costeira, como para as propias xogadoras pois despois de tantas temporadas defendendo as costeiras o laranxa semellaba raro.
Así e todo séntalles de marabilla a camisola do Viaxes Amarelle ás bravas xogadoras muxiás e dende o clube vimiancés lle desexan moita sorte no seu salto a máxima categoría. Algo semellante lle acontecía á nova porteira vimiancesa, Leti, que se enfrontaba o seu ex equipo.

Todo aconteceu na noite deste mércores na que se disputaba o primeiro partido de Copa Xunta. As mozas do Fisober ofreceron unha excelente imaxe facendo un gran partido ante seus siareiros, perdendo pola mínima ante un equipo da máxima categoría como o Viaxes Amarelle que arranca a Liga este fin de semana.

Seguemento do FS Feminino

Antes de repasar o partido lembramos que este curso faremos de novo o seguemento de todo o relacionado co fútbol feminino costeiro. Repasaremos as actuacións de Eva e Patri co Viaxes Amarelle, estaremos co Fisober na 2ª División Estatal, co seu filial, co Ponteceso FSF e co Vila de Cee FSF na Liga Provincialm e ademais coñeceremos como avanza o novo proxecto que está nacendo en Lira.

Copa Xunta

Imaxe do Fisober-Viaxes Amarelle
  • Resultado: FISOBER F.S.F. - VIAXES AMARELLE (0-1).
  • FISOBER: Leti, Ana, Mai, Inés e Raquel; tamén xogaron: Noelia, Myrella, Paula Fandiño e Laura.
  • AMARELLE: Eva, Patri, Lidia, Tati e Yaiza; tamén xogaron: Dolo, Cris, María, Noe e Andrea Carid.
  • Goles: 0-0 ó descanso; 0-1 Cris.

O Fisober prantexou o partido baseado na defensa e tentando saír nalgunha contra se podía. E abofé que na primeira parte conseguírono. Apenas recibiron ocasións e desactivaron o xogo das coruñesas. Iso si na primeira metade apenas chegaron as da Costa a portería defendida por Eva.

Na segunda metade, poñíalle unha marcha máis as coruñesas e os tres minutos Cris adiantaba as visitantes. A segunda parte foi un pouco máis aberta xa que o físico foi diminuindo pero aínda así as locais seguían a facer un gran partido e a dar unha gran imaxe. Nunha segunda metade na que as porteiras tiveron máis protagonismo sobre todo a local Leti.

A sete para o fin Lidia e María mandaban sendos lanzamentos o pau case consecutivos. Pero a resposta local non se fixo esperar e Noelia prantábase no man a man con Eva pero esta solventaba ben a situación mandando a saque de esquina.
A tres para o fin Patri mandaba o seu lanzamento o trabe. A un e medio para o fin o Fisober disfrutaba dun dobre penalti e de novo no duelo de amigas Noelia vs Eva saía vencedora a porteira que atallaba o lanzamento.
No último minuto tolo as porteiras decidiron que o resultado xa non se movería, Leti freaba a Lidia e as ocasións finais locais por parte de Mai e Myrella foron freadas por Eva.

En definitiva o equipo deixou gran sabor de boca os seus siareiros de cara a unha nova temporada na división de prata do fútbol feminino estatal.

Campaña de socios e de promesas

Mentres, segue a campaña de abonados do FISOBER se queres renovar o teu abono, facerte novo socio ou colaborar co clube ponte en contacto con calquer directivo, nas redes sociais do clube , ou no teléfono 635436173 ou no mail [email protected].

Tamén seguen en marcha os adestramentos das categorías inferiores, que continúan celebrándose os venres ás 18:00h en Vimianzo. Así que se queres formar parte delas podes poñerte en contacto co clube nos mesmos teléfono e correo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios