Excelente resposta do Fútbol da Costa na charla sobre as novas normas
11:43 09/11/16
De excelente pódese catalogar a resposta dos diferentes estamentos do Fútbol da Costa na charla-coloquio organizada pola Escola Galega de Adestradores-Delegación da Costa, celebrada na tarde do luns no Auditorio do Centro Social de Baio. Máis de 80 persoas acudiron á convocatoria, cunha participación importante coas súas preguntas aos ponentes, especialmente aos dous colegiados que representaron ao colectivo arbitral e que foron os encargados de explicar as novas modificacións ás Regras do Xogo que xa se están aplicando na presente tempada.
A charla foi aberta polo alcalde do Concello de Zas, Manuel Muiño, que estivo acompañado polo vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Juan Luís Villamisar, e o director da Escola Galega de Adestradores, Manuel Mosquera. Todos eles coincidiron na importancia da este tipo de actividades e, como destacou o vicepresidente federativo, desde a chegada de Rafael Louzán á presidencia da Federación Galega de Fútbol, o fútbol da Costa é un dos puntos importantes a potenciar e facerlle sentir a importancia que ten dentro do estamento federativo, estando presente en todos os actos que se veñen desenvolvendo na zona, xa sexa coa presenza súa propia e a do presidente.
Manuel Mosquera, Juan Villamisar, Lolo Muíño e Manolo Corredoira
Os ponentes Xabier Rodriguez Campos, Josito Fontes, Iván Cancela e Rubén Eiriz
O acto foi moderado polo delegado da Escola Galega de Adestradores na Costa e profesor de Táctica, Xestión de Clubs e Ética na citada Escola, Manuel Corredoira, adestrador nivel 3-UEFA Prol, quen presentou aos ponentes e agradeceu públicamente o apoio da Escola Galega de Enrenadores, Federación Galega de Fútbol, Concello de Zas e, especialmente, ao CD Baio, na figura do seu presidente, Chema Rei, pola cesión das súas instalacións. Tralo seu agradecimiento e a presentación dos ponentes, comezou a exposición a través de vídeos, das novas modificacións nas Regras de Xogo, por parte de Rubén Eiriz, árbitro de Segunda División A-Liga 1,2,3, e Xabier Rodríguez Campos, árbitro de Terceira División, e profesor de Regras de Xogo nas edicións dos cursos de adestradores desenvolvidos na Escola da Costa.
Unha vez finalizou a exposición dos colegiados tomaron a palabra os adestradores do Sofán, Josito Fontes, e do Xallas, Iván Cancela, ambos titulados UEFA Prol, e o segundo profesor da asignatura de Novas Tecnoloxías na Escola da Costa.
Tras eles iniciouse o coloquio, con intervención de varios dos asistentes, que fixeron saber as súas inquietudes aos colegiados e aos membros federativos, todos eles con preguntas moi esclarecedoras e dentro dun ambiente extraordinario de confraternidad.
Á charla asistiron diversos presidentes, adestradores, xogadores e ata colegiados da zona da Costa, estando representados os clubs Xallas, Sofán, Sporting Zas, Outes, Dumbría, CD Baio, Corme, Cerqueda, Corcubión, Ponteceso, Montelouro, Malpica, Coristanco, Porteño, Castrelo, Cabana, EFB Concello de Carnota e CD Concello de Zas.
Máis información
- O Cadro da Copa da Costa 2017.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).