Martes. 19.03.2024
El tiempo

Fases Xuvenís: Dumbría B, Zas e Mazaricos destacan

Fases Xuvenís: Dumbría B, Zas e Mazaricos destacan

Moi igualadas están as Fases Xuvenís. A Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil preséntase espectacular, e polo de agora só o Dumbría B suma 3 de 3. Precisamente onte martes superaba ao Baio nun partidazo no Conco. Por detras mantese o Malpica, que aínda non coñece a derrota nesta liguiña, e terá que loitar con Baio e Cee, e pode que Santa Comba, por esa 2ª praza.

O Zas líder no Gr. 1 da Copa da Costa Xuvenil, tras vencer nun partido complicadísimo a un forte Coristanco. Por detrás, Fisterra e Outes parece que pasarán de fase tras renunciar á Liguilla de campións, e por abaixo, Esteirana, Coristanco e Dumbría loitarán por evitar as 2 prazas que quedan sen premio.
No Gr.2, parece claro que será o noviño Muros, o único que aínda non sumou, o que quede fóra dos postos. O Mazaricos está a sorprender superando a todos uns Ponteceso e Cabana, co que empataba esta fin de semana.

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 3

Dumbría B - Baio (3-2)

  • DUMBRÍA B: Brais, Adrián Alcaina, Isma, José, Denís, Pereira, Yerai (Kevin, min.82), Toja, Roi (Cristian, min.90), Josiño, Mario (Dani, min.54).
  • BAIO: Poyo, Maikel (Edgar min.70), Iago, David (José Manuel, min.50), Pablo, Lucas, Fachal, Rafa, Iván, Bieito, Martín.
  • Goles: 0-1, min.20: Iván; 1-1, min.40: Roi; 1-2, min.50: Martín tras unha indecisión entre porteiro e central dumbriés; 2-2, min.65: Roi; 3-2, min.88: Dani Picallo.
  • Expulsions: os baieses Iago (min.60) e Bieto (min.80).

Xogábase o encontro este martes 21 no Conco, e non defraudou. Intensidade e tensión ata o último momento entre dous dos equipos máis en forma da categoría

Gran partido cunha parte para cada un. Comezou o Baio dominando e estivo mellor na primeira metade poñéndose por diante por medio de Iván. Pero unha boa xogada por banda dos de Ángel Canosa ao fío do descanso permitiu que os locais empatasen.

Na segunda comezaba o Baio marcando de novo, cando Martín apretaba arriba e unha indecisión entre porteiro e defensa permitiu que asinase o 1-2. Pero a partir de aí comezou a acusar o cansanzo o Baio, que se quedaba con 10 ademais aos 10 minutos da segunda por expulsión do central Iván. A saída de Picallo foi clave tamén para a remontada e fixo varias internadas por banda que fixeron moito dano. Así, os locais foron capaces de darlle a volta ao marcador e se manteñen de líderes da Liguilla.

Santa Comba - Soneira (3-1)

  • SANTA COMBA: Couto, Josito, Dani Martínez, Pérez, Miguel (Marcos Álvarez, min.80), César, Cristian, Landeira (Fran, min.75), Jordi (Oreiro, min.65), Marquiños, Iván.
  • SONEIRA: Víctor, Rubén (Toja, min.65), Fabian, Héctor, Curra, Kevin, Javi (Picachu, min.30), Capote, Richi (Efrain, min.75), Borja e Cristian Canosa.
  • Goles: 1-0, min.1: César tras petar no longueiro e nas costas do porteiro; 1-1, min.8: Capote; 2-1, min.20: Marquiños nunha xogada individual; 3-1, min.35: Landeira de cabeza nunha falta lateral botada por Iván.
  • Expulsión: O visitante Toja (min.75) por dobre cartón amarelo.

Saíu moi enchufado o equipo de Huelvis que xa no minuto 1 se adiantou por medio de César cun disparo que tras petar no longueiro rebotou nas costas de Víctor e entrou. Seguía o Santa Comba levando o peso pero un erro da defensa xalleira permitiu que Capote asinara o empate. Sen descanso o Santa Comba seguiuno intentando e se puñar 3-1 antes de ir ao descanso.

Na segunda o Soneir buscaba balóns longos á velocidade dos Richi e Capote, pero Couto estivo moi fino, como todos os cadetes (Cristian, Pérez e Landeira) que están salvando aos de Huelvis nestes semanas de baixas. Se puido recortar o Soneira, tamén puido sentenciar o Santa Comba pero as accións de Marquiños e Iván quedaron desbaratadas.

Malpica - Camariñas (7-2)

  • MALPICA: Jesús (Ángel, min.80), Luísma (Diego, min.65), Jorge, Pepis, Joro, Martín Maradona, Juny (Víctor Novo, 65), Eme (Quintas, min.70), Martín Uruguaio, Adra, Camilo (Almeida, min.75).
  • CAMARIÑAS: Álvaro, Mariño, Caamaño, Manuel, Diango, Gatusso, Nené, Martín, Yuyo, Saviola, Santi.
  • Goles: 1-0, min.10: Caamaño en propia meta a centro de Juny. 2-0, min.15: Juny aproveita un erro da defensa. 3-0, min.16: Camilo a pase de Juny. 4-0, min.25: Eme a centro de M. Maradona pola esquerda. 4-1, m 34: Nené tras un rexeite de Jesús a tiro de Yuyo. 5-1, min.40: Camilo tras unha espléndida combinación ao primeiro toque entre, Adra, Eme e Juny. 6-1, min.50: Camilo. 6-2, min.55: Yuyo a pase de Diango. 7-2, min.78: Quintáns a pase de Jorge.

Chegada con 12 o Camariñas e o dianteiro Nazo lesionábase durante o quecemento, o que deixaba todavía máis aos de De la Sierra. Así e todo, a máquina arrolladora do Malpica non tardou en aparecer en en 15 minutos xa marcaran 3 goles. Antes do descanso o marcador sinalaba un claro e definitivo 5-1 deste Malpica que vai a por todas e un Camariñas que parece que baixou os brazos con 3 derrotas nesta liguilla.

Corcubión - Cee (1-3)

  • Goles: 0-1, min.30: Rubén; 1-1, min.35: Adrián dos Lombos; 1-2, min.43: Rubén; 1-3, min.65: Lamela.

Solventou o Cee este derbi sempre complicado no que a rivalidade entre os de San Marcos e os da Xunqueira convirte os partidos en verdadeiros combates. Así, este sábado a cordialidade foi a tónica dominante entre as afeccións, que viviron un encontro intenso ata o final.

O partido comezou moi igualado, con moito respecto e poucas ocasións. Pouco a pouco foron estirándose os dous equipos e os porteiros Iván e Abelleira tiveron que lucirse.

Apareceu Rubén para abrir o marcador, pero tan só 5 minutos despois o Corcubión asinaba o empate. Parecía que o marcador quedaría en táboas para ir ao descanso, pero foi de novo Rubén o que marcou o gol clave do partido antes de marchar aos vestiarios.

Na segunda continuaba coa mesma tónica, un Cee que levaba o peso do balón pero sen demasiado perigo e un Corcubión que buscaba as contras. Lamela encargábase de poñer distancia no ecuador da segunda metade, unha diferencia que non puido remontar o cadro local, que mesmo fallou un penalti que parou Iván nos intres finais.

Camariñas - Corcubión (1-2)

  • CAMARIÑAS: J. Luis, Juan Manuel (Javi, min.76), Diango, J. Manuel, Bieito (Dani, min.46), Ismael, Martín, Santi (Maikel, min.46), Javi (Brian, min.69), Jose M., Jesús.
  • CORCUBIÓN: Abelleira, Adrián do Porto, Pablo, Toni, Iván, David, Gabi, Javi (Piri, min.56), Adrián dos Lombos, Manu, Lema.
  • Goles: 0-1, min.25; Javi; 1-1, min.58: Jesús; 1-2, min.33: Manu.
  • Expulsións: O local Jesús por empurrar a un adversario.

Partido adiantado da xornada 4ª, celebrado este martes de entroido no Hermanas Patiño, e parece que o Camariñas non levanta cabeza. Comezou forte o Corcubión cunha xogada de Lema que se adianta a defensa do Camariñas e ante a saída do porteiro o balón pegou no pau. Non quedou atrás o Camariñas e respostou cun par de ocasións detidas por Abelleira. Creou moito perigo o corcubión ás costas dos defensores coa velocidade de Adián, Manu e Lema.

Un centro de manu dende a esquerda foi rematado dentro da área por Javi aos 25 minutos de xogo para facer o 0-1 no marcador. A partir de ahí chegarían boas ocasións por parte do Camariñas pero sen chegar a definir perfectamente. Xusto antes do descanso tivo a última Lema nunha falta ao borde da área que atallou o porteiro tras tocar na barreira.

Co descanso chegou a reación do Camariñas e aos 13 mitutos, Jesús tras revolverse na área puxo o empate. idas e voltas de ambos equipos que acabou cun gol de vaselina de Manu no 33 que pouco despois protagonizaría unha pequena tangana entre el e J. Manuel que acabaría ca expulsión do goleador local.

Copa da Costa Xuvenil, Grupo 1, xornada 3

Dumbría A - Fisterra (2-4)

  • DUMBRÍA A: Chupi, Adrián Ozón, Jose, Dito, Samuel, Pereira (Antón, min.65), Israel (Alex, min.55), Martín (Damián, min.81), Javi (Rubén, min.80), Rafa (Marco, min.46), Dani Picallo.
  • FISTERRA: Ángel, Javi, Juan, Rubén, Roberto, C. Hidalgo, Champi (Noé), Bruno, Cristian, Manuel (Iski, min.82), Suárez.
  • Goles: 1-0, min.10: Javi; 2-0, min.20: Javi; 1-2, min.35: Manuel; 2-2, min.55: Champi; 2-3, min.60: Champi; 2-4, min.75: Cristian.

Cotrolou o Dumbría A a primeira metade e se puxo cunha vantaxe de 2-0. Pero acostumados a perder esta temporada, tras recibir o primeiro tanto antes do descanso xa se viñeron abaixo. A saída fulgurante dos de Roco na segunda foi suficiente para desmembrar aos dumbrieses e deixar en 2-4 o marcador final.

Zas - Coristanco (3-1)

  • ZAS: Miki (Tívoli, min.46), Josito (Busto), Amado (Gonchi), Quintáns, Oliver, Rony, Ismael, Adrián, Kevin (Ramón), Víctor, Pastor.
  • CORISTANCO: Nacho, Gonzalo, Corral, Varela, Martínez, Rubén, Damián, Dani, Fede, Magovi, Adrián. Tamén xogaron: Iván, Pichel, Manuel.
  • Goles: 1-0, min.20: Adrián; 1-1, min.55: Magovi; 2-1, min.66: Víctor; 3-1, min.74: Adrián.

Partido moi apretado e complicado entre dous equipos moi aguerridos que dispuxeron moitas ocasións, pero no que o Zas estivo máis acertado de cara gol. O Coristanco marraba varias ocasións contra o principio, cun balón ao pao de Magovi e varios mans a mans que salvou Tívoli. Non fallaba tanto o Zas que nunha das primeiras ocasións Adrián adiantaba aos locais.

Aquí vemos ao porteiro do Coristanco, Nacho, que volveu a dar un recital de paradas, que foi aplaudido mesmo polos seus rivais. Os coristanqueses protestaron varias accións arbitrais, como a falta ao borde da área no segundo gol local, ou un posible penalti sobre Magovi a favor co 2-1 que non víu o colexiado. Se cadra o empatesería máis xusto.

Outes - Esteirana (6-2)

  • OUTES: Jona, Sergi, Rafa (Mosto, min.85), Pablo, Alex (Pedrosa, min.83), Chía (Juan, min.78), Jurado (Abraham, min.65), Michi, Elías, Babu e Maduro (Piti, min.46).
  • ESTEIRANA: Adán (Marcos, min.46), Meco, Sergio, Abel, Burro, Rafa, Eloy (Ruso, min.35), Jose, Bruno, Adrián (Dani, min.50), David.
  • Goles: 1-0, min.2: Elías; 1-1, min.8: Jose; 1-2, min.14: Meco de penalti; 2-2, min.38: Michi; 3-2, min.47: Elías, de penalti; 4-2, min.62: Elías, de penalti; 5-2, min.77: Abraham; 6-2, min.81: Michi, de penalti.

Con 6 cadetes se presentaba a Esteirana, que ademais viñan de xogar co Dumbría na Liga. E así e todo se puxo por dúas veces por diante. Pero un gol antes do descanso e dos penaltis no comezo da segunda mataron aos novos esteiráns, que se viñeron abaixo e se deixaron levar no segundo tempo.

Dumbría A - Zas (1-6)

  • DUMBRÍA A: Chupi, Adrián Ozón, Jose, Dito, Samuel, Lucas (Javi, min.50), Israel, Blanco (Marco, min.55), Martín (Rubén, min.75), Rafa (Antón, min.65), Alex (Damián, min.75).
  • ZAS: Miki (Tívoli, min.66), Oliver, Quintáns, Amado (Gonchi, min.80), Josito (Ramón, min.60), Rony, Isma, Kevin (Iago, min.85), Adrián, Víctor (Busto, min.77), Pastor.
  • Goles: 0-1, min.20: Isma de penalti; 0-2, min.25: Víctor; 0-3, min.50: Víctor; 0-4, min.55: Rony; 1-4, min.55: Javi; 1-5, min.70: Rony; 1-6, min.80: Kevin.

Partido aprazado da primeira xornada da Copa e que deixa ao Zas líder do Grupo 1 da Copa da Costa. O partido estivo bastante controlado polo Zas en todo momento. Un par de faltas do Dumbría foron as únicas chegadas dos locais, pero aos 25 minutos o marcador xa sinalaba un 0-2.

Con todo, saíron ao comezo do segundo tempo algo durmidos os zaenses e Miki tivo que salvar un man a man e un par de boas xogadas dos locais para evitar que se achegasen no marcador. Co 0-3 a cousa xa se tranquilizou e o partido quedou sentenciado cun monólogo visitante.

Copa da Costa Xuvenil, Grupo 2, xornada 3

Ponteceso - Corme (5-0)

  • PONTECESO: Xurxo, Dani Valle, Joseph, Diego, Fabián, Dani Cotelo, Alberto, Borja, Puente, Cristian, Jorge. Tamén xogaron: Diego de Tallo, Jonathan, Guille, Eloy Campo, Lorenzo
  • CORME: Javi, Alejo, Iván, David, Alberto (Sergio, min.60), Lesi (Isma, min.75), Antonio (Jorge, min.46), Dani, Juanma (Eloy Castro, min.70), Fran, Brais (Eloy Vidal, min.50).
  • Goles: 1-0: Jorge (descanso); 2-0: Puente; 3-0: Cristian; 4-0: Cristian; 5-0: Lorenzo.

Xogou moi ben o Corme na primeira metade prantando cara ao veciño Ponteceso. Así e todo marchou por diante o cadro de Mato e iso que co 1-0 e ao fío do descanso, Lesi mandou ao poste. pero na segunda o Corme veuse abaixo e o Ponteceso finiquitou pronto o partido.

Mazaricos - Cabana (3-3)

  • MAZARICOS: Iván, Fran, Mipadre, Carballo (José Angel, min.60), Javier, Alberto, Oreiro, Mario (Carreira, min.60), Sandelo, Cristian (Alex, min.70), Molinos (José, min.85).
  • CABANA: Sergio, Baliña, Duda, Mato, Dani, Pablo, Aless, Moreno, Estefan, Iván Mato (Alex García, min.65), Francés (Román, min.55).
  • Goles: 1-0, min.3: Oreiro; 2-0, min.17: Sandelo; 1-2, min.55: Iván Mato; 2-2, min.65: Estefan de falta; 3-2, min.75: Sandelo; 3-3, min.90: Dani.
  • Lesión: Iván Mato cun problema no xeonllo.

Partido de poder a poder, de ida e volta, con tensión e alternativas no marcador, e que acabou cun gol in extremis. Primeira metade na que o Cabana non se adaptou ao campo e non podía tocar como acostuman os de Carracedo. O Mazaricos aproveitaba para roubar en tres cuartos de campo e facer moito dano. Así Oreiro e Sandelo adiantaron aos de Brais e Kevin, resultado co que se foron aos vestiarios.

Na segunda, mellorou o Cabana que aproveitou as xogadas de estratexia de saque de banda preparadas durante a semana. Iván Mato recortaba e ben puido empatar pero marrou dende os 11 metros unha pena máxima. Conseguiu igualar o cadro cabanés pero de contado, nunha contra o propio Sandelo aprovieitou un despiste defensivo para poñer de novo por diante aos locais.

Pero o Cabana volcouse na meta local ata que, xa co tempo cumplico, conseguía un máis que xusto empate.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios