Martes. 19.03.2024
El tiempo

Fases Xuvenís: Todo volve apretarse

Fases Xuvenís: Todo volve apretarse

Volve igualarse a Liguilla Previa do Ascenso tralos resultados da fin de semana. E volve a intensidade e o interese, pois 4 equipos, e ata 6, loitarán polas dúas prazas que dan acceso á Fase de Ascenso, e sobre todo, polo Campionato de Liga.

O Cee parou ao Malpica, que non perdera aínda, viu como se lle escapaba un punto no último minuto, e de penalti inxusto. A derrota permite que Cee, Baio e Dumbría B se acheguen de novo aos malpicáns, quedando en 2 puntos de diferencia entre os 4 equipos.

Na Copa, o Gr.1 mantén a intensidade, con todos os equipos con opcións. Os resultados semana tras semana van e veñen, e o Dumbría A métese 2º tras sorprender ao Fisterra, mentres que Esteirana e Outes manteñen, co seu empate, a ilusión. Por arriba, iso si, o zas parece o favorito para gañar o grupo, e case que para a Copa.
I é que no Gr.2 non hai un favorito, e un dos que mellor estaban, o Ponteceso, caía no derbi co Corme. Sitúase agora o Cabana líder tras superar ao Mazaricos, e parece que os de Carracedo se poñen as pilas.

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 8

Cee - Malpica (1-0)

  • CEE: Iván; José Ramón, Martín, Aitor, Tonecho, Yago, Carlos, Lamela, Uri, Rubén, Pablo. Tamén xogaron: Chiru, Raper, Cibrán, Tebo, Brais.
  • MALPICA: Víctor Martínez; Víctor Novo, Jorge (Diego, min.67), Pereira, Pepis, Joro, Martín Maradona (Quintas, min.74), Eme, Luísma (Almeida, min.46), Adra, Camilo.
  • Gol: 1-0, min.89: Chiru de penalti.

Case que co tempo cumplido, e de penalti, conseguía o Cee doblegar ao Malpica no encontro da xornada. Un penalti ademais moi protestado polos malpicáns que entenderon que Isma Lamela simulou, como el mesmo recoñecía nun alarde de honestidade polas redes sociais.

No deportivo, foi un encontro moi igualado, con dous equipos que amosaron un tremendo respecto e que ningún quería perder. AsO Cee controlou a artillería malpicá perfectamente e non deixou que os Adra, M. Maradora, Camilo ou Eme tivesen opcións claras.

Pola contra, os ceenses xa tiveron algunhas opcións nos pes do Uri ou Rubén, pero non acertaron a porse por diante. E cando todo se dirixía cara un empate, que beneficiaría aos visitantes, o colexiado sinalou os 11 metros e foi Chiru quen se encargou de devolver a igualdalde á competición.

Santa Comba - Dumbría B (3-4)

  • SANTA COMBA: Pablo, Josito, Dani Martínez, Alberto, Miguel, Diego, Styven (Marcos Álvarez, min.80), Jordi (César, min.60), Javito (Fran, min.75), Marquiños, Iván.
  • DUMBRÍA B: Roberto, Adrián (Duarte), Jano, José, Denís, Toja, Pereira, Josiño, Mario, Yerai (Patera), Rodrigo.
  • Goles: 1-0, min.15: Styven de penalti; 1-1, min.50: Rodrigo; 1-2, min.55: Yerai; 2-2, min.58: Iván de cabeza; 2-3, min.70: Patera; 2-4, min.75: Josiño; 3-4, mim.85: Marquiños.

Partido moi apretado, con alternativas no marcador, remontadas, e ao final cun Dumbría que acabou pedindo a hora. No primeiro tempo os xalleiros, guerrilleiros coma sempre, maniataron ben aos dumbrieses, e non permitiron que o Dumbría B chegase demasiado, así e todo os de Angel Canosa marraron boas ocasións para empatar o gol inciial de Iván. Á contra, os Marquiños e Iván tiveron tamén as súas opcións para ampliar a renda.

Pero 15 minutos de acerto, aproveitando ademais un par de erros defensivos dos xalleiros, o Dumbría deulle a volta ao marcador. Aínda con folgos, os locais conseguían empatar, pero o "martillo pilón" dos dumbrieses seguía pegando ata que noutro estiron asinaron 2 tantos que case sentenciaban o partido.

A rabia de Marquiños metía de novo aos xalleiros no partido a falta de 5 minutos e o Dumbría acabou pedindo a hora, malia que non tiveron demasiadas ocasións para o empate.

Soneira - Corcubión (2-4)

  • SONEIRA: Abe, Toni, Pablo, Adrián, Iván, Lagoa, Sergio (David min.41), Gabi (Javi min.60), Lema, Manu, Adri (Piri min.83)
  • CORCUBIÓN: Víctor, Rubén (Jorge min.57), Marcos, Fabián, Hector, Sergio (Toja min.53), Pablo (Efraín min.61), Kevin, Ricardo, Cristian Canosa, Cristian Figueroa.
  • Goles: Manu, Lema (2) e Javi polo Corcubión e Sergio e Ricardo polo Soneira.
Partido emocionante o vivido na tarde do sábado na vila de San Marcos, adiantouse o Soneira pronto no marcador en 2 ocasións tras despistes na zaga local, antes destas xogadas, Lema e Adri enviaban ao largueiro unha vaselina e un remate de cabeza, ambos na misma xogada, para poder adiantar ao seu equipo. Antes do descanso, Manu de centro chut e Lema de penalti fixeron o empate no marcador. Xa na segunda metade o Soneira dou algún susto pero non é o que fora na liga e pagou caro esa situación, xa que Lema de corner e Javi tras unha moi boa xogada de Adri empuxa a gol un pase da morte. Boa actuación do Corcubión que mellora dende a liga ate agora destacando a varios xogadores que soen ir xa nas convocatorias do primer equipo, incluso chegando a xogar como titulares.

Baio - Camariñas (8-3)

  • BAIO: Guillermo, Maikel, Iago (Pardo, min.50), David, Pablo (Vereda, min.60), Lucas (Silvariño, min.65), Fachal, Rafa, Iván, Bieito (Eloy, min.68), Martín (Poyo, min.70).
  • CAMARIÑAS: Álvaro, Mariño, Santi, Diango, Maik, Saviola, Martín, Carlos (Juan, min.60), Carliños (José Carlos, min.46), Nené e Yuyo.
  • Goles: 1-0: Lucas tras un pase atrás; 1-1: Saviola, de penalti. 2-1: Iván de penalti. 3-1: Lucas. (descanso). 3-2: Yuyo. 4-2: Lucas. 5-2: Maikel. 5-3: Saviola, de falta. 6-3: Vereda. 7-3: Iván. 8-3: Pardo de cabeza.

Chegaba con escasos efectivos e varios cadetes ao Platas Reinoso un Camariñas que lle está costando este final de tempada. O Baio, tamén con baixas significativas, si parece ir a máis e mostrou ser un equipo cada vez máis compacto que loitará por entrar na fase de ascenso ata o final.

A primeira metade estivo marcada polos dous penaltis que non eran, e remataba cun 3-1 para os locais. Na segunda o campo fíxose moi grande para os de De la Sierra.
O partido tivo certa historia ata mediada a segunda metade debido ao marcador, aínda que a superioridade dos homes de Nacho foi patente ao longo dos noventa minutos. Nos minutos finais chegaron os goles que cerraron unha goleada que permite seguir soñando ao conxunto blanquiazul e que fai ver que o Camariñas quere que acabe esta liga canto antes.

Copa da Costa Xuvenil, Gr.1, xornada 8

Coristanco - Zas (0-6)

  • CORISTANCO: Nacho, Adrián Suárez (Xenxo, min.46), Manuel, Martínez, Pichel, Daniel, Damián, Rego (Gonzalo, min.46), Fondo (Magovi, min.46), Cristian (Rubén, min.46), Corral (Mosquera, min.60).
  • ZAS: Miki (Tívoli), Josito, Amado, Quintáns, Oliver, Kevin, Adrián (Iago), Ismael, Pablo, Pastor (Busto), Víctor.
  • Goles: 0-1: Pastor; e 5 de Víctor.

Partidazo dos de Correidoira ante o 2ª clasificado, un Coristanco que volve dirixir Julio trala renuncia dos Lorenzo e Fernando, e que fixo varias probas dando minutos a todos os xogadores. Ao descanso o marcador 0-2 e na segunda parte foi un rodillo destes zaenses que están sacando as castañas do lume ao equipo da Liga da Costa ademais de ser o líder destacado do seu grupo na Copa da Costa.

Esteirana - Outes (1-1)

  • ESTEIRANA: Adán (MJ, min.46), Pablo, Abel, Chus, Codesido, Meco, Josiño (Eloy, min.46), Bruno, Adrián (Ángel, min.60), David, Raúl.
  • OUTES: Jona, Jurado (Pesi, min.86), Rafa, Pablo (Pedrosa, min.60), Juan, Piti, Maduro (Michi, min.63), Abraham (Sergi, min.46), Edu (Mosto, min.81), Babu e Elías.
  • Goles: 0-1: Sergi; 1-1: Bruno.

Partido igualado e tenso que rematou cun xusto empate. Moito balonazo polas dúas bandas, pero con algunha ocasión para cada bando. Cómpre destacar o bo facer do porteiro local, MJ, cadete de primeiro ano que demostrou na segunda metade ter moi boas trazas e fixo varias intervencións de mérito.

Fisterra - Dumbría (1-3)

  • FISTERRA: Ángel, Roberto (Iski, min.81), Juan, Miguel, Javi (Rubén, min.65), Hidalgo, Noé, Champi (Chiki, min.72), Gonzalo, Bruno, Manuel (José Manuel, min.87).
  • DUMBRÍA A: Chupi, Marco (Adrián Alcaina, min.46), Samuel, Adrián Ozón, Dito (Jano, min.50), Jose, Martín, Javi (Blanco, min.75), Rafa (Ruben, min.82), Israel e Alex Siaba (Mario, min.60)
  • Goles: 0-1: Javi; (desansco) 0-2: Mario; 1-2: Gonzalo tras un rexeite do porteiro Chupi a un penalti marrado por Bruno; 1-3: Blanco.

Partido igualado no que o Dumbría A, con varias pezas importantes, sorprendeu a un Fisterrá fallón. Durante a primeira parte, os de Roco achegáronse en varias ocasións á meta visitante sobre todo na primeira metade, pero non aproveitaron as ocasións e marcharon ao descando con 0-1.

Na segunda os locais acusaron un forte baixón físico e o Dumbría A, máis fresco, entrou por bandas facendo dano na defensa fisterrá.

Copa da Costa Xuvenil, Gr.2, xornada 7

Corme - Ponteceso (4-3)

  • CORME: Javi, Alejo, Iván, Koeman, Alberto, Jorge (Alex, min.89), Sergio, Dani (Isma, min.84), Brais, Antonio, Fran (Dani Chans, min.80).
  • PONTECESO: Xurxo, Dani Valle (Diego, min.55) , Joseph (Iago, min.30), Fabi, Jorge, Dani Cotelo (Mendieta, min.50), Alberto Recarey, Lorenzo, Borja, Jonathan, Cristian.
  • Goles: 1-0, min.20: Dani de vaselina tras un roubo no medio campo; 2-0, min.25: Dani de novo de vaselina; 2-1, min.40: Cristian de vaselina tras un pase entre os centrais; 2-2, min.42: Alberto Recarey; 3-2, min.75: Fran dun zurdazo; 4-2, min.83: Brais tras un centro de Dani; 4-3, min.89: Eloy Campo.

Partido atípico, cun Ponteceso que mantivo a súa idea de toque, e un Corme máis agresivo, prantado atrás e buscando os erros da defensa pontecesá, que non estivo nada fina. Os pontecesáns chegaban demasiado sobrados e acabaron pagando os pratos ante un Corme moi aguerrido e listo. De feito, o propio Mato, ao descanso xa tería quitado aos 11 do campo, pero iso non era posible.

A calor era gorda, o Corme atrás, e nunha contra tras un erro da defensa local, Dani marcou de vaselina dous goles en 5 minutos. Púxose as pilas o Ponteceso a 5 minutos para o descanso, e antes de marchar aos vestiarios asinaron dous goles para empatar. E parecía que o Corme non ía aguantar, pero na segunda volveu saír relaxado o cadro visitante, e o Corme aproveitou a velocidade do campión de España de 60 metros, Fran, para poñerse por diante de novo. E foi Brais o que puxo o 4-2 que sentenciaba o partido. Eloy Campo puxo a incertidume nos últimos intres pero non perigou o merecido triunfo do Corme.

Cabana - Mazaricos (4-3)

  • CABANA: Sergio "Aranzubía", Alex García (Alex Castro), Duda, Mato, Dani Mato (Ismael), Pablo, Alessandro, Moreno, Valiña (Iván Francés), Miki (Samuel), Estefan (Cristian).
  • MAZARICOS: Rubén, Fran, Carballo (Alex, min.90), Javier, Mipadre, José Ángel (José, min.90), Alberto (Carreira, min.65), Ferreiro, Sandelo, Oreiro, Molinos.
  • Goles: 1-0, min.30: Pablo tras un saque de esquina; 1-1, min.47: Oreiro; 1-2, min.52: Ferreiro de falta directa; 2-2, min.55: Alex García de cabeza; 3-2, min.70: Molinos; 3-3, min.78: Estefan; 4-3, min.90: Alessandro.
  • Lesión: o cabanés Cristian rompeu o radio na última xogada do partido.

Partido igualado nas Redondas, que puido gañar calquera pero que sentenciou o Cabana nos últimos intres. O choque comezaba cunha primeira parte na que o cadro local exerceu unha gran presión sobre os mazaricáns, que gustan de saír co balón tocado. 1-0 ao descanso sinalaba o marcador, tras un penalti fallado polos mazaricáns ao comezo ben parado por Sergio "Aranzubía". Pero á volta do descanso saíron como motos os visitantes e deron a volta ao partido con goles de Oreiro e Ferreiro, cunha fermosa falta directa.

Un gol estrano deu ás aos locais para asinar o empate, pero volvía meterse por diante o Mazaricos por medio de Molinos.
Faltaban 20 minutos, pero o Cabana foise arriba, e o dianteiro local aproveitou unha indecisión entre central e porteiro para poñer o empate. E xa co tempo cumplido, un rexeite tras un balón longo foi aproveitado de novo pola dianteira cabanesa para marcar o gol da vitoria cabanesa.

Descansou o Muros

Máis información

Crónicas da semana

Nova relacionadas

Fonte

Comentarios