Ferven as Ligas dos pequenos grandes futbolistas

14:55 12/01/11

Pequenos carnotáns crecerán en Carballo
I é que dous benxamíns de primeiro ano de Carnota veñen de fichar polas Escolas Deportivas Luis Calvo Sanz. Eles son Martín García e Brais Fernández de la Iglesia. Ambos poderán formarse dende Carballo nunha categoría superior, a 1ª Benxamín da zona de A Coruña, e competir con equipos como o Arteixo, o Betanzos, o Laracha ou o Cerceda. Ademais, o clube carballés ten un convenio co Deportivo da Coruña, que non ten equipo nesta categoría. Pero os pequenos de Lombáns poderán adestrar un día á semana cos cores branquiazuis.
Preto das finais das LCF
E repasamos xa a actualidade das LCFs. I é que as 3 ligas están que ferven. Esta fin de semana se decide a máis curta, a de Infantís, onde as EFB Concello de Carnota e As Baleas se disputan o título. O encontro será o sábado ás 16:00h no campo de Lombáns. Precisamente, os equipos carnotáns, que dirixe Alfredo Cambeiro, manteñen o pulso en todas as categorías, que rematarán o día 21 de xaneiro. En Benxamíns, tamén son As Baleas e Carnota os que mandan. Ambos teñen 15 puntos, 3 máis que o Dumbría. Este sábado, despois dos infantís, xogarán unha final anticipada a falta da última xornada. Ademais, en Alevíns, os carnotáns avantaxan ás EMF Vimianzo, Concello de Cee e C. Fisterra en 3 puntos a falta de 2 xornadas.Máis información
Novas relacionadas
- Os pequenos de Carballo e de Muros levan o Trofeo Esteirana.
- As Ligas Escolares de Fútbol Base xa en QPC.
- Os pequenos de Carnota estrean sudaderas no campo e reciclan xogando na biblioteca.
- Carnota festexou a festa do fútbol base .
Máis información
- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Foto do encontro entre Dumbría e Vimianzo de Víctor Santos.