Final da Copa Xuvenil: Todo para a volta
O 2-2 colleitado nas Redondas deixa a Final da Copa da Costa completamente aberta para a volta. O campo de San Andrés vivirá unha finalísima, que galardoará, a pesar da emoción, ao campión dos perdedores. I é que non cómpre esquecer que as competicións desta tempada fixeron que a Copa da Costa perdese moi aliciente. Se ben as últimas xornadas da Previa da Fase de Ascenso á Liga Galega foron ben vividas, as competicións quedaron completamente separadas.
Pero ao noso, que é o fútbol. O tenso 2-2 deixa todo aberto para a volta.
Cabana -Zas (2-2)
- CABANA: Sergio Aranzubía, Alex García, Ismael, Alex Mato, Duda, Laik (Alessandro, min.60), Pablo (Samuel, min.85), Moreno, Iván Mato (Francés, min.70), Eliseo, Miki (Redondo, min.77).
- ZAS: Miki, Josito, Amado, Ramón, Quintáns, Óliver, Adrián (Kevin), Ismael, Rony (Busto), Pablo (Iago), Víctor (Gonchi).
- Goles: 1-0, min.15: Duda; 1-1, min.25: Pablo; 2-1, min.70: Alessandro; 2-2, min.72: Rony.
Partido moi equilibrado, moi tenso, cos dous equipos intentando conseguir a vitoria coas súas armas: O Cabana tocando máis levando o peso do partido, pero só a ratos, pois o Zas soubo maniatar ben as armas cabanesas. Os goles só puideron chegar tras despistes defensivos e sempre foi o Cabana por diante, cun Zas que respostaba rápido aos golpes.
O Cabana pegou primeiro por medio de Duda. Aí descoordinouse lixeiramente o Zas de Corredoira, e puido caer o segundo se Eliseo non manda ao pao ou Miki non marra o seu bo tiro.
Pero o Zas volveuse meter no partido aproveitando tamén un fallo da defensa cabanesa. Foron momentos de igualdade, sen un dominador claro, pero con poucas ocasións. A mellor, xa á volta do descanso para o zaense Ismael, que mandaba ao pao aínda co 1-1 no marcador.
Pouco a pouco o equipo dirixido o sábado por José Manuel Vázquez ante a ausencia por unha viaxe de Carracedo, foi recuperando o control do balón e do partido. Alessandro facía o 2-1, pero sen tempo a disfrutalo Rony igualaba de novo a contienda.
De aí ao final só compre destacar un gol anulado ao Zas por fóra de xogo de Iago, que podería ter significado a vitoria visitante. Así e todo, e ademais de que que os zaenses apenas protestaron, a arbitraxe foi moi boa, como demostra o feito de que só unha tarxeta, deixando claro que os dous equipos só se dedicaron a xogar.
San Andrés decidirá o novo campión da Copa da Costa Xuvenil 2012.
Máis información
Crónicas de Xuvenía
Crónicas da semana
- Promoción á Liga da Costa: Os muradáns toman vantaxe.
- Preferente: Safo e case safo.
- Ida dos Cuartos Copa da Costa: Dous semifinalistas case decididos.
- Resultados da xornada sabatina de #copadacosta.
- Copa da Costa: Xornada de corte polémica.
- Xa temos cuartofinalistas da Copa da Costa.
- Unha de sorteos.
Máis novas
- Alberto Pose: Da tolemia de partidos pola desorganización.
- Vídeo entrevista de Angel Garrido co cormelán Alejo.
- Un Mar de Paixón: Un gol en Santa Comba.
- Manuel Varela: Xa somos profesionais no fútbol costeiro?.
- Esteiro prepárase para o Campionato de Barrios e a Costa mira ao Maratón de Tordoia.
- Xogando aos médicos co #fútboldacosta.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).