FSF: O Fisober meteuse no póker autonómico


Pechaba a Liga Autonómica o Fisober no Pavillón Municipal Monte Carrasco de Marcón. E facíao cunha vitoria que deixa as de Fran Toba na 4ª praza, con acceso á Copa Autonómica.
Liga Autonómica, Xornada 30
- Resultado: LEIS MARCÓN “B” – FISOBER F.S.F. (0-4).
- Fisober: Leti, Ana, Inés, Tamara, Myrella; tamén xogaron: Mai, Ale.
- Goles: 0-1 Inés, 0-2 Mai, (descanso), 0-3 Marta en p.p. tras tiro de Tamara, 0-4 Inés.

Chegaban as costeiras cunha praga de baixas e cunha rotación moi curta para enfrontarse as pontevedresas tamén xustas de efectivos pero que tiraron de xogadoras habituais en partidos do equipo de Segunda División para completar a convocatoria. Saíron algo nerviosas as visitantes conscientes da importancia do partido e nin sequera un gol de Inés no segundo minuto de xogo as tranquilizou.
Co resultado a favor xa dende o inicio debían sacudirse os nervios pero non foi así. O partido estivo un pouco tolo e sen control por ningún dos dous conxuntos. Iso fixo que o partido tivera moitas ocasión para ambos conxuntos nesta primeira metade pero que ningún dos dous soubo materializar. A primeira metade estaba a ser moi igualada e o gol podía caer de calquera lado.
Ata que a piques de chegar ó último minuto Mai acadaba o segundo gol para o Fisober , chegándose ó tempo de lecer con cero a dous a favor das costeiras.
A volta de vestiarios pareceu saír máis sereno o Fisober, impedindo que as locais chegaran con tanta facilidade. En cambio o cadro costeiro buscaba un terceiro gol que lle dera a tranquilidade pero que non daba chegado. Ese terceiro gol chegou a dez minutos para o fin cando un lanzamento de Tamara intentou desvialo Marta quen marcaba en propia porta. Co cero a tres volveron a chegar as ocasións en ambas porterías pero non se moveu o electrónico ata que a pouco máis de dous minutos para o fin Inés facía o definitivo cero a catro.
Acababa así a gran tempada en Liga realizada polo Fisober F.S.F. superando as expectativas e rematando finalmente nunha moi meritoria 4ª posición, nesta Liga Autonómica igualadísima e de enorme nivel, cun conxunto no que boa parte das xogadoras chegaban do filial e debutaban na categoría. Facendo un 2016 enorme con 13 vitorias, 1 empate e tan só as 3 derrotas seguidas no mes de abril. Agora tocará esperar a ver con que sistema se disputará a Copa para poñer fin a tempada.

Máis información
- Resultados da Liga Galega Feminina.
- Clasificación da Liga Galega Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Feminina.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Masculina.
- Clasificación da Liga Provincial Masculina.
Crónicas da temporada
- O Fisober quere a Copa.
- Pechando unha liga dispar.
- Cee vibrou ca Festa do Fútbol Sala costeiro.
- O Fisober deixa escapar o ascenso mentres o Vila de Cee prepara a Festa do FS.
- As bravas Vila de Cee, campionas da Liga Provincial no seu terceiro ano de vida.
- Continúa a loita.
- Dous ascensos no forno.
- Con Pioto e a afección polo ascenso.
- Mantendo o pulso na zona alta.
- Derrotas antes do gran derbi.
- Grandes tardes de fútbol sala.
- FSF: Un xaneiro fetén.
- FSF: Vila de Cee e Ponteceso ao mando.
- A Festa do FSF: “Unha doce resaca”.
- Corme vibrou coa I Copa da Costa, a festa do FSF.
- FSF: Campionato de inverno e vitoria épica para rematar o ano:
- Atletes, Fisober, Ponteceso e Vila de Cee pelexarán pola I Copa da Costa FSF.
- FSF: A mozas do Vila de Cee xa celebran o título invernal.
- FSF: As Atletes xa saben gañar.
- FSF: Unha xornada de paella colectiva.
- FSF: O Villa de Cee escapa tralo derbi.
- FSF: Só o Vila de Cee responde e mantén o liderado.
- FSF: Cee disfruta do Fútbol Sala.
- O Vila de Cee aséntase no liderato a costa do Ponteceso FSF.
- FSF: Cee volveu vibrar coa familia do fútbol sala ao completo.
- Líderes costeiras.
- FSF: Os mozos de Cee comezan gañando.
- O FSF xa arrincou ao completo.
- FSF: O Fisober gaña por fin na casa tras dous anos de maldición.
- FSF: O Fisober arrincou na Liga Galega mentres Ponteceso, Atletes, Lira e Vila de Cee póñense a punto.
- A Xente do San Cristobal asume o mando da Liga de FS de Cee.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Fútbol Sala costeiro volve ter equipo masculino.
Outras novas do FSF
- A muxiá Eva, campiona da Supercopa de España de FSF.
- Patri fixo de verguda do Fisober na final da Copa Deputación.
- FSF: O Fisober di adeus á categoría estatal a pesar da gran Marea Nejra.
- O Ponteceso FSF pecha unha grandísima temporada co subcampionato da Copa Provincial.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Ponteceso xa é novo equipo da Liga Autonómica.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).