FSF: Un derbi de empate
Descansaba o Fisober da 2ª División Estatal así que atención do Fútbol Sala Feminino desta xornada centrábase na Liga Provincial. E o facía concretamente nun derbi, entre as novatas do Lira FSF e o filial do Fiosber, rematando cun intenso empate.
Ademais a 6ª xornada deparoulle unha escandalosa arbtiraxe ao Vila de Cee na Vila de Cruces, pola que as ceenses só puideron empatar, mentres o Ponteceso FSF goleaba ao pechacancelas e xa está na 3ª praza.
Unha semana na que o Fisober fai pública a súa campaña na procura de patrocinio, así que a a v er se ten sorte.
Liga Provincial, xornada 6
- Resultado: Concello de Carnota Lira FSF - Fisober F FSF (4-4)
- LIRA: Lía, Inés, María, Bárbara e María Caamaño; tamén xogaron: Martina, Isabel, Leticia e Sandra.
- FISOBER B: Anabel, Tamara, Paula Fandiño, Nuria e Laura; tamén xogaron: Andrea Piroja, Alejandra, Andrea Muiño e Natalia.
- Goles: 0-1 Laura, 0-2 Andrea Muiño, 1-2 Bárbara, 2-2 Bárbara, (descanso), 3-2 Bárbara, 3-3 Andrea Piroja, 3-4 Andrea Muiño, 4-4 Sandra.
Partido disputado o sábado na tarde – noite en Carnota. Partido cheo de alternativas, no que o filial mesturou bos minutos con outros nos que perdeu a concentración, a intermitencia típica do equipo. Pola súa parte as Roxiñas competiron a un gran nivel.
Arrincaron mellor as visitantes e xa o pouco do inicio a visitante Laura enviaba un balón o pau. Pouco despois non erraba e facía o cero a un para o filial. E pouco despois era Andrea Piroja a que tamén se atopaba co pau.
Pero extranamente todo trocou cando Andrea Muiño facía o segundo gol para as visitantes o primeiro ca camisola negra. As lirachas entraban no partido. Máis aínda cando facían o un a dous, por medio de Bárbara. Este gol puxo nerviosas ás visitantes e o partido xogábase xa o ritmo que querían as roxas. Máis cando de novo Bárbara poñía as táboas no electrónico, un dous a dous co que se chegou o tempo de lecer.
A segunda metade estivo chea de alternativas e ningún dos dous equipos tivo o control absoluto do partido. Comezaron golpeando as locais co terceiro gol de Bárbara, co cal consumaban a remonta. Pero volveu aparecer o filial do Fisober, e despois dunha gran xogada colectiva Andrea Piroja marcaba a pracer para igualar de novo o partido.
A catro para o fin de novo Andrea Muiño poñía en vantaxe as visitantes, acadando o seu segundo gol no partido e o seu segundo gol oficial ca camiseta do Fisober.
Pero como o partido non tiña fin, as locais aínda non dixeran a última palabra e aproveitaron un lanzamento de falta de Sandra para poñer o definitivo catro a catro no electrónico, nun derbi no que ningún dos dous equipos se deu por vencido.
Liga Provincial, xornada 6
- Resultado: Cruces - Vila de Cee (2-2)
- FSF VILA DE CEE: Carla, Adriana, Alba, María e Andrea (cinco inicial); Sandra, Raquel, Laura e Marta.
Comezou a primeira parte con domino por parte das Ceenses, tendo o control do balón e tendo bastantes ocasións de cara a gol, aínda que o mesmo non daba chegado, presentíase que ia ser un partido fácil. Pero non foi así nunha das escasas ocasións do equipo local marcan o gol faltando 5 minutos para o final. Aínda así as Ceenses seguiron atacando e meten un balón o poste o cal rebota no chan ca pena de que o arbitro non dou gol, este cronista dende a súa posición non pode dar fe de si entrou ou non. Pero a partir de este momento empezou un novo guión cunha arbitraxe “esperpéntico”, segundo a familia ceense, pois a presión dos adestradores e do público do equipo local sobre unha arbitra a cal desoíse intimidar mostrouse moi inexperta e moi pouco preparada. Nos últimos intres da primeira parte, as rapazas do FSF Vila de Cee, nunha contra marcan gol, dáo por valido e pita o mesmo e marca o centro do campo, pero as protestas locais dinlle que finalizara co cal a mesma anula o gol di ca primeira parte xa finalizara sen ela haber pitado final da mesma, e dicir unha situación surrealista.
Arranca a 2ª parte con resultado de 1-0 para as locais , e arranca un espetáculo de despropósitos arbitrais sen sentido. Pita unha falta a favor de Villa de Cee, e o adestrador contrario protéstalle a arbitra e esta cambia e determina bote neutral, unha rapaza do equipo local despois dunha falta agrede a unha rapaza do Villa de Cee en en vez de tarxeta roxa saca tarxeta amarela, e un sin fin de faltas pitadas contra as Ceenses sen sentido. Aínda así as Ceenses conseguiron darlle a volta o marcador e poñerse cun 1-2. A colexiadas seguiu cas súas “barbaridades” e nun balón que golpea un poste e rebota golpeando o segundo poste, da gol, gol que ninguén viu dentro ,gol que supuxo o 2-2 definitivo. Aínda así cando unha xogadora do FSF Vila de Cee ia co balón a arbitra pita un doble penalti contra as Ceenses, e menos mal que as de Cruces fallaron.
As estrelas esta semá iran, 3 para Alba, 2 Adriana e 1 para Carla.
Liga Provincial, xornada 6
- Resultado: Concello de Ponteceso FSF - A Baña (11-0)
As pontecesáns sitúanse 3ª na clasificación tras superar con solvencia ás pechacancelas, e suman 11 puntos, a só 3 do liderato.
1ª División Nacional, xornada 8
- Resultado: Viaxes Amarelle - Universidad Alicante (1-6)
- Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Dolo, Lidia Mesías, Tati, Cris (cinco inicial), Laura Tesouro, Patri, Noe, Yaiza, Espi, Eva.
- Goles: 0-1 Rocío (min. 9); 0-2 Andrea Castello (min. 15); 0-3 Sara Navalón (min. 19); 0-4 Sara Navalón doble penalti (min. 20); 1-4 Andrea Castello propia puerta (min. 32); 1-5 Jennifer (min, 36); 1-6 Txitxo (min. 39).
Duro correctivo para o Viaxes Amarelle FSF, que non foi capaz de facer partido contra un rival que aproveitou a primeira metade para poñer terra polo medio no marcador. Os 4 goles dos últimos minutos da primeira parte foron insalvables para o Viaxes Amarelle, que loito e correu sobre a pista, pero sen fortuna de face a gol, e finalmente o Universidade de Alacante FSF levar os tres puntos ao impoñerse por un contundente marcador de 1-6.
Non saíron da partida as costeiras Eva e Patri pero si que dispuxeron de minutos neste mal día para as hercuinas, que xa preparan o partido da viundeira semana, o sábado 8 ás 18:00h na Sagrada Familia, ante o Tecuni Bilbo.
Campaña FISOBER
O Clube de futbol sala feminino Fisober FSF, comezou unha campaña de busqueda de Sponsor para a súa camiseta. Esta campaña básase nun cartel e nun video que queren ser bastantes directos. O logotipo da empresa que queira ser patrocinador do Fisober lucirá en primeira plana durante toda a tempada, xunto con outros patrocinadores como poden ser Deporte Galego ou o Concello de Vimianzo.
A xente que queira algo máis de información ao respecto poderá solicitala no 635436173 ou en [email protected].
Máis información
- Clasificación da 2ª División Estatal. Gr.4.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Feminina.
Novas relacionadas
- O Ponteceso FSF leva o derbi da Liga Provincial.
- FSF: Xornada de derbis, empates e derrotas.
- FSF: Xornada de avións e partidos apretados.
- O Fisober estreou campaña cunha festa.
- O Lira FSF estrea a Liga Provincial con vitoria.
- O Lira FSF estreouse por todo o alto.
- Un comezo deportivo para o Vila de Cee FSF.
- Patri Romaní e Eva Lema comezan unha nova etapa na máxima categoría do Fútbol Sala Feminino.
- Crónica dunha primeira gran tempada do FSF Vila de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Colabora o Fisober, Manuel Joné do Lira, e o Vila de Cee FSF, e Viaxes Amarelle.