xoves. 14.11.2024
El tiempo

García Liñares presenta ao fútbol da Costa a súa candidatura para a Federacion Galega de Fútbol

García Liñares presenta ao fútbol da Costa a súa candidatura para a Federacion Galega de Fútbol
Este mércores 2 de marzo, ás 20.30 horas, hai convocada unha reunion no Pavillón de Baio, á que están convocados todos os clubes do fútbol da Costa. Trátase da presentación para o noso fútbol do candidato á presidencia da xunta directiva da Federación Galega de Fútbol, José Garcia Liñares, que chegará para expoñer o seu programa electoral. O alcalde de Cerceda vén para expoñar a súa candidatura alternativa á do actual presidente, Julio Meana, que xa leva 16 anos no posto. Un Meana que asegurou que ía achegarse pola nosa bisbarra para presentar a renovación da súa candidatura, pero visto que as eleccións son o mesmo xoves 3 de marzo, parece que non poderá ser posible. Unha vez máis, i é que non pasou nunca pola bisbarra tomando en conta o fútbol da Costa. Parece que unha das ideas que prantexa Liñares é crear unha subdelegación en Baio para temas de documentación e mesmo unha subdelegación do comité arbitral.

Posicionamento do fútbol da Costa

A posición do fútbol da Costa no marco do fútbol galego é a mellor da súa historia. Momento clave este para o noso fútbol, como xa comentaron os nosos colaboradores Manuel Varela e Alberto Pose. I é que dos 18 equipos da provincia que poderán votar nas eleccións á Federación deste xoves 3 de marzo, 6 son equipos do fútbol da Costa. E dos 6 elixidos xogadores que tamén teñen voto, 3 son costeiros. Os equipos que partiparán na votación, elexidos nunha asemblea da Asociación de Clubes de Fútbol da Costa, son o Cee, Soneira, Ponteceso, Baio, Esteirana e o Muxía. E os xogadores que poderán votar son Repi (Club do Mar), Noé (un fisterrán en Cerceda) e Iván Pequeño (Dumbría).

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios