Histórico debut, con vitoria, dos Sénior do do Voleibol Dumbría
Por fin. Chegou o día tan esperado. Despois dun completo verán de preparación, estreaba categoría o Voleibol Dumbría en Sénior. A primeira vez que o club dumbriés daba o salto das categorías base á absoluta. Empeza no equivalente á 2ªB do fútbol estatal. Pero xa o teñen claro: “En 4 anos, a SuperLiga chegará ao Conco!”.
E non o puido facer de mellor maneira, cunha contundente vitoria ante o CV Pontevedra, en terras pontevedresas, por 1-3 (13-25 / 17-25 / 25-19 / 18-25).
Dende o principio a superioridade do equipo dumbries foi patente no terreo de xogo xa na recepción e no ataque o que permitiu coller ventaxa e mantener durante os primeiros sets. No terceiro set o adestrador Luis Alberto Fernández deu tempo a todos os xogadores, o que permitiu que o conxunto pontevedrés collera vantaxe, aínda que neste set que foron capaces de remontar, nos intres finais cometeron erros que permitiu o equipo visitante sumar un set. No derradeiro set o equipo do Voleibol Dumbría mantivo a superioridade e gañou o partido.
Polo Voleibol Dumbría xogaron neste histórico primeiro partido, unha marea de clásicos que levan formándose estes últimos anos por todas as categorías: Manuel Marcote, David Redonda, Marco Lado, Sergio Oca, Pablo Touriñan, Javier Domínguez e Unai Larrañaga coma líbero. Tamén xogaron Alejandro Fernández, Juan Carballo e David Blanco. Cómpre destacar a gran actuación en ataque de Javier Domínguez e David Redonda.
A Base continúa
Mentres, segue o sino do club, cos partidos das ligas base en categorías autonómicas, esta semana, con derrotas:
- Cadete femenino:
- CV Pontevedra - Voleibol Dumbría 3-0;
- Liceo- Voleibol Dumbría 3-0. - Infantil femenino:
- Cv Pontevedra - Manuela Rial 3-1;
- Liceo - Manuela Rial 3-0.
Vindeira xornada
Este sábado 25 de outubro, no Conco:
- 11:00 l Xuvenil Masculino: Voleibol Dumbría-San Sadurniño.
- 12:30 l Cadete Masculino: Voleibol Dumbría-San Sadurniño.
Novas relacionadas
- Os equipos de base preparan o camiño para o histórico debut dos Sénior do Volei Dumbría.
- O Volei Dumbría estrea equipo Sénior.
- Un internacional e un título autonómico para a familia do Volei Dumbría.
- A praia do Ézaro servíu de colofón para os campións galegos de Volei Praia.
- O Ézaro foi o centro do Volei Praia de toda España.
- O equipo sub-17 do Volei Dumbría vence a 2ª proba do Campionato Galego.
- O Volei Dumbría quedou aos pés das Semis do Campionato de España.
Fonte
- Volei Dumbría.
- Redacción de QPC ([email protected]).