venres. 02.05.2025
El tiempo

Intensa xornada de formación arbitral en Baio

Intensa xornada de formación arbitral en Baio
O Comité Técnico de Árbitros da Real Federación Galega de Fútbol organizou onte, sábado 17 de marzo, a segunda xornada de traballo cos árbitros seleccionados no Programa de Desenvolvemento e Formación de Árbitros Xoves de Galicia e que se celebrou en Baio. A xornada na que participaron vinte (20) colexiados comezou na sede da Real Federación Galega de Fútbol en Baio coa benvida do presidente do CTA, Bernardino González Vázquez; para acto seguido iniciar o seu relatorio o adestrador invitado Manuel Losada “Chollas”, que acercou aos árbitros outra perspectiva do fútbol como a dos adestradores e a súa preparación dos partidos. Ao finalizar a charla os árbitros realizaron un exame de regras de xogo e vídeo-test de xogadas, co seu posterior análise e corrección polo director técnico do CTA Julio Amoedo Chas. Tralo almorzo, a actividade reanudouse coa charla do colexiado de Segunda División Rubén Eiriz Mata e os seus asistentes Diego Sánchez Rojo e Roberto Vázquez Alvite sobre a preparación e a colocación no terreo de xogo durante un partido. Despois, estes apuntamentos teóricos analizáronse cunha clase práctica no campo Platas Reinoso. O delegado da RFGF da Costa da Morte, Manuel Corredoira, tamén estivo presente na práctica realizada para interesarse polo futuro da arbitraxe galega. O Comité Técnico de Árbitros quere agradecer a colaboración e predisposición do CD Baio na cesión do seu terreo de xogo para a realización da práctica a tarde do sábado.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios