Venres. 19.04.2024
El tiempo

Iván Bouzón e Adrián Makaay, Premio Álex Pombo e Máximo Goleador da Pref. e 1ª

Iván Bouzón e Adrián Makaay, Premio Álex Pombo e Máximo Goleador da Pref. e 1ª

Despois de coñecer os Pichichis e Zamoras da 2ª e 3ª Galega do Fútbol da Costa, esta semana toca saber quen vai subir ao escenario na Gala do Fútbol da Costa - QPC en Muxía, para recoller os premios da Preferente e 1ª Autonómica. Saben que xuntamos as dúas categorías para un só premio, e este ano, a realidade é que o Dumbría ten arrasado.

O campión da 1ª ten uns números espectaculares, gracias en parte, ao bo facer de Iván Bouzón, e de Adrián Makaay.

Iván Bouzón, Premio Alex Pombo ao porteiro menos goleado da Pref. e 1ª

Ivan Bouzon Dumbria Premio Alex Pombo 16-17 O porteiro do Dumbría Iván Bouzón, é o Premio Álex Pombo 16-17

Esta Gala volveremos render a nosa homenaxe a Álex Pombo, ese porteiro bergantiñán que nos deixaba hai dous anos. Para seguir mantendo o seu sorriso na nosa retina, o porteiro menos batido da Preferente e 1ª levará por sempre o seu nome. este ano venceu Iván Bouzón. O dumbriés quedou por diante do xalleiro Julián, un clásico tamén destes premios, e de Dani Varela.

Porteiro Menos batido da 1 da Costa  

Makaay, eterno pichichi

Adrian Makaay Pichichi da Pref e 1 da Costa 16-17 Adrian Makaay, outra vez máis subirá a recoller un premio de Pichichi na Gala QPC O agora 4º máximo goleador da historia da Liga da Costa, tras facer 41 goles o ano pasado na segunda, volverá subir a recoller un novo balón de barro na Gala como Pichichi da 1ª e Preferente con 29 goles.
Mágoa a lesión de Álex Flores, que o deixou fóra máis da metade da temporada e aínda así sumou 17 goles en so 20 partidos. Por detrás estiveron outros grandes nomes como Doro, Quintela, Pichi ou Bruno, que de seguro están entra a lista de candidatos aos premios, que faremos pública en breve.

Taboa goleadores Pref e 1 da costa da Morte 16-17  

Novas relacionadas

Novas sobre os Pichichis 16/17

Comentarios