xoves. 05.06.2025
El tiempo

Lariño vólcase co Volei Praia e Carnota prepara a Carreira das Areas

Lariño vólcase co Volei Praia e Carnota prepara a Carreira das Areas
Esta fin de semana chega o areal carnotá de Lariño a terceira proba do Cicuíto Galego de Volei Praia 2017 para as categorías base (dende alevín, infantil e cadete ata a Sub 19). O sábado 8 de xullo competirán as categorías infantil e Sub 19, mentres que o domingo día 9, será a quenda dos apartados alevín e cadete. A proba puntuará dentro do Circuíto Galego. Xa o mércores 12 de xullo, na mesma praia de Lariño, realizarase unha actividade de volei praia aberta a todos os públicos que se enmarca dentro das actividades de verán postas en marcha polo concello de Carnota. Para participar é necesario anotarse antes do luns, día 10, no departamento de Deportes do concello.

Careira das Areas

Así mesmo, xa está aberto o prazo de inscrición da XXVI Carreira das Areas do Concello de Carnota, a 8º proba incluída no IV Circuíto Correndo pola Costa da Morte. A data elixida este ano é o día 20 de agosto. A meta estará colocada na Praza de Galicia, de onde sairán todas aquelas persoas que desexen participar nesta peculiar proba. Na competición poden participar tanto nenos (dende os 3 anos) como adultos. As inscricións realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com ata o mércores 16 de agosto ás 23:59 h. A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada dunha autorización paterna, segundo o modelo establecido pola organización. O dito modelo poderase descargar na páxina web www.championchipnorte.com e tamén estará á vosa disposición no Departamento de Deportes do Concello de Carnota. O horario de apertura das mesas para a recollida de dorsais será ás 08:00 h na Casa do Concello. Os dorsais e chips poderanse recoller ata 30 minutos antes do inicio da proba. A recadación das inscricións da proba de 3km irá destinada á Asociación Provincial Contra o Cancro. Todas aquelas persoas que desexen contribuír, sen participar na carreira, poderán facelo inscribíndose no apartado FILA 0 que aparecerá na web www.championchipnorte.com Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carnota

Comentarios