Laxe prepara a praia un Campionato de volei


Continúa aumentando no número de campionatos de volei praia que se celebran nas nosas praias. A comezos de mes O Ézaro vivíu unha proba do Campionato Galego, e agora a pelota marcha cara o norte.
O vindeiro sábado 16 de xullo, a praia de Laxe acollerá un Campionato de Volei Praia organizado por Galiza Nova de Bergantiños. As pistas están situadas na praia, enfronte á caseta de Información Turística.
Os equipos serán de entre 2 e 4 membros, podendo xogar en pista 2 ou 3 persoas segundo decidan os equipos e as normas serán as propias do volei-praia, cambiando o número de participantes en pista. Os equipos deberán ser mixtos.>
Inscricións
A data límite para a inscrición é o 12 de xullo.
A cota de inscrición será de 10 € por equipo independentemente da cantidade de membros. Comezará ás 12:00 e haberá un parón para comer unha churrascada sobre as 14:00, aquelas persoas interesadas en comer alí terán que inscribirse e pagar 5€ apa...rte pola comida.
A dirección de correo electrónico é galizanovabergantinhos@gmail.com e para inscribirse hai que enviar nun correo electrónico o nome do equipo e os datos das persoas participantes en cada equipo: Nome, apelidos e DI e especificar se quedan comer na churrascada.
Novas relacionadas
- O Ézaro vibrou co volei praia e disfrutou co éxito dos xogadores do Manuela Rial.
- Esteiro prepara a area para o Triatlón e o fútbol praia.
- Volve a música á Ventana de Laxe.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).