Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Liga Intermunicipios: O Baldaio toma o relevo

Liga Intermunicipios: O Baldaio toma o relevo
Platel do Baldaio-Foto-David Castro O Baldaio aproveitou a xornada de descanso do Cances para poñerse de líder con dous puntos de vantaxe sobre os da parroquia de San Campio. Os baldaieses venceron ao Peña Galicia por 5 a 1 nun encontro vistoso para os asistentes. Adiantaríanse os locais ao pouco de comezar o partido e antes de cumplirse o minuto 10 xa vencerían por 2 a 0, resultado co que se chegaría ao tempo de lecer. A pesar do resultado, o conxunto verde non se viría abaixo e disputaríalle o dominio do balón ao Baldaio, aproveitando un exceso de confianza dos homes de José Luis Morgade. Á volta do tempo de lecer, recortaría distanzas o Peña Galicia pero logo do gol visitante, os da parroquia da Pedra do Sal voltarían a coller o mando e farían tres goles máis para poñer o definitivo 5 a 1. O Sporting Brea protagonizou a goleada da xornada tras vencer ao Sporting Seaia, ao que lle pesou a resaca da festa de San Xulián, por un claro 15 a 1. Os carballeses non foron capaces de abrir a lata ata pasada a media hora de partido debido a gran actuación do porteiro malpicán, que evitou que o resultado fose máis abultado. O Xornes sorprendiu coa súa goleada (8-1) ao Valenza, logo da gran primeira volta que realizaron os coristanqueses e que parecen que co paso das xornadas se vai desinflando. O Clube Deportivo Rus venciu ao Laxe (4-2) sobre o terreo do campo da Gándara que se atopaba nun estado lamentable e era imposible xogar ao fútbol. Os laxenses comezarían o encontro con 10 xogadores e non serían quen de superar a un Rus que soubo plantexar moi ben o partido, acumulando moita xente en ataque e colgando balóns á área. Pronto se poñería por diante o conxunto carballés con dous goles casi similares. Recortaría distanzas o Laxe pero antes do descanso, o Rus faría o terceiro. Á volta do tempo de lecer os dous equipos tiveron diversas ocasións de gol pero tan só acertarían nunha ocasión para poñer o definitivo 4 a 2. O Cereo viuse sorprendido polo ADC A Piña nun partido moi igualado na primeira metade, onde antes do minuto 20 puido adiantarse o equipo amarelo en dúas ocasións pero evitárono o acerto do porteiro visitante e o desatino do dianteiro coristanqués. Responderían o equipo carballés cun remate de cabeza que bate ao porteiro local e minutos máis tarde aumentarían a súa conta os da parroquia de San Adrián cun bonito tanto de vaselina. Co 0-2 chegaríase ao descanso. Á volta do tempo de lecer, recortaría distanzas no marcador o Cereo por medio de David cun lanzamento dende a frontal da área. A partir desto, houbo unha tregua no encontro na que ningún dos dous equipos creou perigo sobre a portería contraria. Mediada a segunda metade, os coristanqueses adiantaron as liñas para ir polo partido e o equipo visitante soubo defenderse moi ben e aproveitou os espazos para facer dous goles en dúas contras que supoñerían o 4 a 1. O Cereo faría o segundo dende o punto de penalti pero xa era demasiado tarde.

Goleadores

  • Iván García, do Cereo CF, con 18 goles.
  • Enmanuel Varela, do Valenza Clube, con 13 tantos.
  • Jorge Abelenda, do Sporting Brea, con 11 dianas.
  • Gonzalo Zas, do ADCR Baldaio, con 11 goles.

Máis información

Crónicas da Liga Intermunicipios

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios