Martes. 13.04.2021
El tiempo

Ligas Galegas: Empates sen premio

Ligas Galegas: Empates sen premio
Ivan Bana volveu xogar despois de 6 meses de lesion Ivan Baña volveu xogar despois de 6 meses de lesión

Dous empates sumaron os equipos costeiros. Dous empates que non lles valen nas súas loitas, pero dous empates que demostraron que os dous equipos compiten con calquera.

Os Xuvenís sufriron unha arbitraxe tremenda. O equipo de Leis e Lobelos estivo enorme nun ambiente moi condicionado e só unha arbitraxe perxudicial para o fútbol base en xeral privounos dos 3 puntos, quedando xa a 8 do ascenso.

Mentres, os Cadetes deixaron escapar, tamén nos últimos instantes, dous puntos ante o Pontevedra, que deixan a salvación aínda a 7.

 

Liga Galega Xuvenil, xornada 26

  • Resultado: Unión - Dumbría (1-1)
  • Dumbría: Iván Baña, Jacobo, Jose Miguel, Pablo, Yeray, Marcos Mouro, Gabi, Maikel, Juan de Dora, Edu, e Mauro. Tamén xogaron: Isma, Javi e Bruno.
  • Goles: 0-1, m.70: Juan de Dora en fermosa xogada persoal; 1-1, m.95: de penalti.

No desconto e de penalti inventado

Gran partido do Dumbría a pesar das grandes dimensións do campo, da calor e de só dispoñer 2 cambios de xogadores do campo. Mesmo o porteiro suplente tivo que saír de xogador nos últimos minutos. O cadro de Leis e Lobelos tivoas mellores ocasións: Jose Miguel disparou a cruceta, Juan de Dora e Maikel rozaron o igual que unha boa xogada de Jacobo por banda dereita que non puido finalizar. O Unión só inquedou nun córner e nun disparo que o debutante Iván Baña, tras 6 meses de lesión, detivo sen problemas.

Na segunda continuaba o mesmo guión e con ocasións aínda máis claras dos visitantes. Maikel por 2 veces quedou só diante do porteiro e nunha de elas superouno por riba e cando o balón entraba entre un defensa e o pau saíu rexeitado. Ademais Juan de Dora fusilou pero saiulle por arriba.
O Union non se achegaba á portería visitante e a 10 minutos do final Juan de Dora recibia un balon no borde da área e cun gran movemiento desfíxose dos dous centrais quedando só diante do porteiro e definindo perfectamente logrando o 0-1.

A partir de aí, aseguran os dumbrieses que a arbitraxe convertiuse nun inferno para eles. Faltas continuas inexistentes que facían que o Unión colgase baóns directos a área de Iván que tanto el como a defensa resolviu ben. Pero tralo longo desconto de 4 minutos, cando xa se chegaba ao min.95, o colexiado pitou un penalti que ninguén viu, que permitiu empatar ao Unión.

Os xogadores acabaron tirados no chan chorando da rabia e impotencia. A pesar das circunstancias os rapaces de Diego mantiveron un excelente comportamento ante uns feitos lamentables. Destacar que o arbitro permitiu que o adestrador local en medio do partido subise a grada a discutir cos afeccionados do Dumbría e volvese o banquillo sen ser amonestado nin tan sequera verbalmente.

 

División de Honra Cadete, xornada 26

  • Resultado: Dumbría - Pontevedra (1-1).
  • Dumbría: Juan Bardullas, Moisés, Ayoze, Luís Mayán, Erre, Brais Fdez., Josiño, Martín, Juan Álvarez, Fabio e Fran Moreira. Tamén xogaron: Lojo, Mario.
  • Goles: 1-0, m.55: Erre tras unha magnífica xogada de Martín; 1-1, m.70: nun córner.

En posición dubidosa

Outro partido controlado polo cadro dumbriés, que segue na súa boa liña de xogo e traballo, volvendo superar aos rivais. Primeiro tempo facendo dando polas bandas tanto Fabio e Erre como Martín facían moito dano a un Pontevedra que só facía dano a balón parado. As mellores ocasións de cor local.

No segundo tempo, o Pontevedra comezou atacando, pero Martín comezou a entrar con moito perigo, e así chegaba o gol local. Parecía que o partido ía quedar en casa, pero o Pontevedra volcouse con balóns directos. En posición dubidosa, preto do final, empatou o Pontevedra.

Segue vivo o equipo, que a próxima fin de semana viaxa á Madroa, onde será difícil puntuar pero onde está asegurado o disfrute dun campo de 1ª.

 

Crónicas das Ligas Autonómicas

Máis información

Fonte

comentarios