xoves. 01.05.2025
El tiempo

Lira abre o prazo para a súa carreira a pé de mar

Lira abre o prazo para a súa carreira a pé de mar
XXIV Carreira a Pe de Mar de Lira 2017

Ducias de novidades este ano na XXIV Carreira a Pé de Mar de Lira, organizada pola AC Canle. A cita, patrocinada por Solt Sea Farm, será o sábado 5 de agosto, e terá categorías para todas as idades, sendo de 10km a dos xuvenís, seniors e veteráns.

Esperan chegar aos 500 participantes como máximo para disfrutar desta festa do deporte, que rematará con sardiñada e pementos de padrón aderezada pola música de Trópico de Grelos, un dos pasarrúas máis festexeiros do país en clave de batucada.

Queda aberto o prazo de inscrición, ata o 3 de agosto, dende a páxina: carreiralira.galitiming.com.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios