Lorena Costa e Jorge Quintáns destacan na copa Ibérica de Slalom desputada en Portugal
07:07 21/03/17
Lorena Costa foi a gañadora da categoría feminina cadete dentro da competición de kayaks
Un mermado equipo do CDM Piragüismo Dumbría - a causa dun virus estomacal e dos exames académicos - viaxou a pasada fin de semana ata a vila portuguesa de Covas para participar na copa Ibérica de Slalom onde se reuniron os mellores equipos de Slalom de Augas Bravas de Galicia, Castela e León e Portugal.
Ainda que a representación costeira non foi moi numerosa sí que acadaron bos resultados xa que todos os participantes se meteron nas finais do domingo a pesar da esixencia do percorrido con algunha que outra porta complicada. Dentro da categoría cadete masculina da competición dos kayaks, Jorge Quintáns, Marcos Sanchez e Brais Pérez fixeron mangas que lles permitiron pasar o corte con solvencia, de primeiro, terceiro e sétimo respectivamente, mentras que entre as rapazas Alexia Canosa pasou o corte (con apuros) e Lorena Costa era a mellor cadete con máis de vinte segundos de vantaxa sobre a segunda clasificada.
Jorge Quintáns acadou o 1º posto na categoría masculina cadete de kayaks
Entre os canoistas, Marco Oreiro entrou entre os dez mellores seniors nunha manga moi seria e Jorge Quintáns foi o cuarto mellor dos cadetes.
Nas finais do domingo confirmáronse as boas espectativas da xornada de preliminares, con Lorena Costa e Jorge Quintáns gañando con solvencia as competicións de K1 cadete femenino e masculino respectivamente. Marcos Sánchez quedou en cuarta posición e Brais Pérez confirmou o sétimo posto.
Brais Pérez fixo unha boa competición que o situou no sétimo posto
Pola súa banda, Alexia Canosa non foi quen de mellorar o seu desempeño na xornada de preliminares e finalmente entre as canoas Jorge Quintáns lograba subirse ó podium na terceira posición, e Marco Oreiro non puido mellorar o seu décimo posto de preliminares debido a un problema cunha das cinchas da canoa.
Marco Oreiro nun momento do campionato celebrado na vila portuguesa de Covas
Na clasificación por clubes, o CDM Piragüismo Dumbría acadou un sexto posto, a pesar das númerosas baixas. Agora o clube ten a mente na copa de España de Slalom que terá lugar o primeiro fin de semán de abril en La Seu d´Urgell.
Máis información
Resultados copa Ibérica de Slalom
Novas relacionadas
- Jorge Quintáns gaña a medalla de prata na copa de España de Slalom
- O CDM Piragüismo Dumbría arranca a tempada coa participación na copa galega de Slalom
- A mazaricá Andrea Pérez, Campiona Galega Absoluta de Piragüismo na casa
- Outras catro medallas para o CDM Piragüismo Dumbría en Ribadumia
- O CDM Piragüismo Dumbría acada catro medallas na copa galega de promoción de Slalom.
- Un sabroso bronce dumbriés nos Campionatos de España de Slalom de Sort
- Gran paricipación dos peques do Sen Siras e do Piragüismo Dumbría en Monforte.
- Tres medallas para o Piragüismo costeiro en Sabero.
- Mazaricos acolleu unha proba da Copa Slalom Galego
- A Costa da Morte triunfa na Copa de España de Piragüismo.
- Os padexeiros costeiros sufriron a esixencia da I Copa Eslalom en Lleida
- Os padeixeiros costeiros prepararon en Salvaterra a Copa de España de Slalom.
- Os clubs de piragüismo costeiro arrincaron a tempada cunha proba internacional.
- Ferroatlántica renova o seu compromiso cos clubes de volei e piragüismo de Dumbría.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected]).