Máis de 200 pequenos homenaxearon en Dumbría ao gran Andújar


Este verán son os máis pequenos os protagonistas deportivos. Mentres os maiores descansan, os pequenos non teñen parada, e se xa disputaron varios torneos (este sábado 7 de xullo toca en Cee), esta fin de semana tiveron outra cita importante.
O pasado sábado 30 de xuño, disputouse nas instalacións deportivas do Conco, en Dumbría, o 2º Memorial Manuel Andújar, ex vicepresidente do CF Dumbría tristemente falecido fai 2 años. Un torneo que serve de homenaxe pola súa importante labor no clube, dende a súa fundación no 1996 ata o día de hoxe, onde o clube está no seu maior apoxeo, con 2 categorías base en Liga Galega, un equipo senior na Liga da Costa e co primero equipo na Preferente norte. Sen contar ademais coas seccións deportivas de volei, piragüismo ou ciclismo.
Sen dúbida falamos un dos clubes deportivos máis importantes da comarca, e gran parte deste éxito é para Manuel Andújar.
Xa metidos no torneo, podemos dividir o evento un dúas partes: o puramente deportivo e a parte da diversión e ocio.
No deportivo, 216 nenos repartidos en 32 equipos das categorías benxamín e alevín, encheron de fútbol o campo do Conco e de pais e nais as bancadas.
Na categoría alevín o campión foi o Cee, grañando ao Corcubión na gran final.
>Na categoría benxamín, os gañadores foron Os Miúdos de Muros, superando na final ao cadro local, o Dumbría.
Os trofeos foron entregados pola viuda de Manuel Andújar, Carmen e o seu fillo Manuel. Por parte do Concello Pepe Castiñeira, concelleiro de deportes, todos eles acompañados polo Alcalde José Manuel Pequeño. A organización do torneo destacou a grande cantidades de xente e o bo comportamiento tanto dos participantes coma dos siareiros.

Tempo de xantar e lecer
E como o torneo durou todo o día, todos integrantes dos equipos foron invitados pola organización ao xantar, composto por pizza, hamburguesas e xeados. Ademais dos deportistas, gran cantidade de xente xantou nos comedores habilitados para a ocasión. En total máis de 400 personas comeron nas instalacións deportivas.
E por se fóra pouca festa, a piscina municipal estaba a disposición dos nenos, para cando o horario deportivo o permitía, darse un merecido chapuzón.
II Campus de Fútbol Base Concello de Carballo

Mentres, outros dos clubes que mellor coida a canteira, o Bergantiños, tamén recibía unha visita singular. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, visitaron o mércores o III Campus de Fútbol Base Concello de Carballo que se desenvolve en dúas quendas do 2 ao 7 e do 9 ao 13 de xullo no Complexo Deportivo Municipal As Eiroas.
Nesta primeira quenda están participando arredor de 140 nenos e nenas, e en total terán participado no campus uns 250, algúns chegados de lugares como Puerto Rico, Polonia, Suiza ou Canadá.
Novas relacionadas
- Cee acolle un novo torneo de fútbol base.
- Un día para celebrar o poder do fútbol da Costa.
- O Corcubión sorprendeu ao Castriz e quedou ca Copa de Veteranos.
- Club do Mar: “A Liga da Costa é o noso sitio”.
- Xa está en marcha o novo Xallas de Santa Comba.
- Decisións importantes no #fútboldacosta.
- Novidades no #fútboldacosta: Gala, Soneira, fútbol base, reunión….
- Repasando as propostas para o formato das Ligas Xuvenís.
- Unha fusión, dous finados e outro clube máis no #futboldacosta.
- Novidades importantes arredor do fútbol da Costa.
Máis información
- Os 11 ideais QPC do fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Cadros da Copa da Costa 2012 de Afeccionados, Xuvenís e Veteranos.
Máis novas
- Avalancha de torneos: Fútbol praia en Louro e F7 en Carnota.
- Outes tamén ten cita co F7.
- Esteiro prepárase para o Campionato de Barrios e a Costa mira ao Maratón de Tordoia.
- Xogando aos médicos co #fútboldacosta.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Artigos futboleiros
- Un Mar de Paixón: Remexer nos papeis doutros.
- Alberto Pose: Ánimo Cerqueda!.
- Vídeo entrevista de Angel Garrido co cormelán Alejo.
- Manuel Varela: Xa somos profesionais no fútbol costeiro?.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).