Sábado. 07.09.2024
El tiempo

Máis de 300 atletas de todas as idades demostran en Zas o potencial das Carreiras Pedestres

Máis de 300 atletas de todas as idades demostran en Zas o potencial das Carreiras Pedestres
Carreira de Zas

Domingo de atletismo o que se viviu onte en Zas coa celebración da I Carreira Pedestre Concello de Zas. Uns 300 atletas participaron na proba, nunha mañán soleada, e cunha temperatura perfecta para a práctica deportiva.

Ás 9.45h arrancaba a primeira das probas, correspondente ás categorías Infantil e Cadete, que debían percorrer unha distancia de 2700m. Media hora máis tarde,(10.45h) tomaban a saída os participantes en categoría Xuvenil e Absoluta 5K, que percorrerían 5 km.

Ás 11.00h, dábase o pistoletazo de saída á proba de 10km., na que resultou vencedor Cristian Muíño Varela (Coristanco), seguido por Alberto Carou Carril (Bertamiráns) e en terceira posición, por Míchel Antelo Lema (Vimianzo).
En categoría femenina, a vencedora na proba 10K foi Eva Mª Portas Lemus (A Coruña), en segundo lugar quedou Belén Pérez Martínez (Cee) e cruzou a liña de meta en terceiro lugar Carmen García García (Zas).

Completaron a xornada os máis pequenos, tomando a saída ás 12.15h os Benxamíns e Alevíns, que percorreron unha distancia aproximada de1 km. polas rúas da capital municipal ata atravesar a liña de meta situada na praza do Concello.
Finalizou a mañán ás 12.30h. coa última das probas, a que máis ilusión e berros de ánimo provocou entre os asistentes; os participantes en categoría Pitufo completaron unha distancia de 300m. ata atravesar aliña de meta, situada na Praza do Concello.

A proba estivo perfectamente organizada, gracias á colaboración dos voluntarios, e controlada en todo momento por efectivos de Protección Civil dos Concellos de Zas, Cabana, Vimianzo e Coristanco.

Resultados da Carreira de Zas

Benxamin Mixto:
1º YERIK ISHAK PEDREIRA (Vimianzo)
2º LUCÍA ROGET BLANCO (Vimianzo)
3º MICHAEL RAMOS SOUSA (Zas)

Alevín Masculino:
1º David Villaverde Ameijeiras (Vimianzo)
2º Samuel Canosa Lojo (Cee)
3º Damián Castro Hermida (Vimianzo)

Alevín Femenino:
1º María Villaverde Ameijeiras (Vimanzo)
2º Lucía Suárez Rodríguez (Cee)
3º Ana Oca Vázquez (Cee)

Infantil Masculino:
1º Javi Rodríguez Castro (Cee)
2º José Antonio Romar Bouzas (Camariñas)
3º Andrés Mourelle García (Zas)

Infantil Femenino:
1ª Elena Carreirra Santabaya (Dumbría)
2ª Marta Souto Vizoso (Cee)
3ª Érica Domínguez Pais (Dumbría)

Cadete Masculino:
1º Brais Lago Trillo (Carnota)
2º Anxo Vigueret Santabaya (Zas)
3º Elian Numa López Iglesias (Cee)

Cadete Femenino:
1ª Andrea Domínguez Calviño (Vimanzo)
2ª Carmen gloria Cernadas Lema (Zas)

Xuvenil Masculino:
1º Pablo Barreira Varela (Malpica)

Absoluta 5K Masculino:
1º Amador Pena Torreira (Santiago de Compostela)
2º Damián Espasandín Lema (Vimianzo)
3º Pablo Mira Pérez (Zas)

Absoluta 5K Femenino:
1ª Victoria Fernández García (Vimianzo)
2ª Estefanía Mourelle García (Zas)
3ª Ana Isabel Costa Montes)

10K Senior Masculino:
1º Cristian Muíño Varela (Coristanco)
2º Alberto Carou Carril (Ames)
3º Luís Miguel Antelo Lema (Vimianzo)

10K Senior Femenino:
1ª Eva Mª Portas Lemus (A Coruña)
2ª Belén Pérez Martínez (Cee)
3ª Lorena Fernández Blanco (Zas)

10K Veteranos M40 Masculino:
1º José Manuel Lago Ces (Corcubión)
2º Arturo Pasantes Vidal (Cee)
3º Pedro Pacho gonzález Lago (Carballo)

10K Veteranas M40 Femenino:
1ª Ana Mª Mallo Domínguez (Ames)
2ª Marta Mª Cruz Añón (Muros)
3ª Mª Luz Rodríguez García (A Coruña)

10K Veteranos M50 Masculino:
1º José Suárez Leis (A Baña)
2º José M. Rodríguez Tajes (Camariñas)
3º José M. Romero Olveira (Pobra do Caramiñal)

10K Veteranas M50 Femenino:
1ª Carmen García García (Zas)
2ª Araceli Veiga Bermejo (A Coruña)

Absoluta 10K Masculino:
1 Cristian Muíño Varela (Coristanco)
2 Alberto Carou Carril (Ames)
3 Luís Miguel Antelo Lema (Vimianzo)

Absoluta 10K Femenino:
1 Eva María Portas Lemus (A Coruña)
2 Belén Pérez Martínez (Cee)
3 Carmen García García (Zas)

Primeiros Clasificados do Concello de Zas:
César Vázquez Agra
Carmen García García.

Carreira en Carballo

IV Carreira Popular de Carballo 2014 E xa está en marcha a IV Carreira Popular de Carballo, que se celebrará o domingo 15 de xuño dende a Praza do Concello.

Carreira en Cee

Carreira Pedestre Cee 2014 A de Cee realizarase o vindeiro sábado 21 de xuño pola tarde, con saíde ás 17:00h dos pitufos e ás 19:30h dos maiores.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios