Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Malpica abriu a temporada de surf na Costa da Morte

Malpica abriu a temporada de surf na Costa da Morte

1ª Proba do Circuito Galego Open de Surf – Praia de Area Maior (Malpica de Bergantiños) from Federacion Galega de Surf on Vimeo.

O pasado sábado día 13 de abril, comezaba a temporada de surf que este ano traerá 7 probas ás praias da Costa da Morte. Ía ser unha fin de semana doble, pero finalmente a proba de Nemiña tivose que aprazar outra vez polo que atención centrouse na Praia de Area Maior de Malpica. Alí tiña lugar a 1ª proba open de surf do Circuíto Galego, proba clasificatoria para a Final do Campionato de España 2013, organizada pola Federación Galega de Surf.

A proba deu comezo con atraso, dadas as previsións de oleaxe pouco favorables. Pero medida que foi avanzando o día as condicións foron mellorando e os participantes souberon desenvolverse perfectamente. Cómpre destacar a participación de Juan Diaz desde Cantabria, de Pedro Méndez de Asturias e de Craig Bishop desde California.

As ondas de Malpica acolleron unha nova proba de surf

A proba en xeral foi un éxito, cun día onde brillou o sol a moreas e onde se puido gozar de empanada de pulpo. Tanto a organización como o equipo de xuíces fixeron un traballo excelente e grazas aos colaboradores nesta proba, TSP, Tenda de surf Stockton de Malpica, Coca-cola, Bar JB de Malpica, Concello de Malpica, Panadería Horno Novo de Malpica, entre outros, todo foi un éxito rotundo.

O público estaba expectante nesta competición onde os riders fixeron manobras que foron aplaudidas toda a tarde do sábado. Houbo moita rifa na manga de finais surf open masculino, nesta manga disputáronse titúloo Diego Alvarez (A Coruña), Luís Ansin (Pontevedra), Luís Rodriguez (Ferrol), Pablo Montero (A Coruña). Por outra banda, incorporouse nesta primeira proba open de surf, a categoría Máster a cal tivo moito éxito, na súa manga tamén foi moi discutida na final con Derick Rei (Pontevedra), Alberto Reimunde (Oleiros), Chumi Garcia (Lugo) e o californiano Craig Bishop.

Boas ondas en Malpica

Resultados

Os resultados foron os seguintes:

Open Masculino:

  • 1º Luís Ansin (Pontevedra)
  • 2º Diego Alvarez (A Coruña)
  • 3º Luís Rodriguez (Ferrol)
  • 4º Pablo Montero (A Coruña)

Open Feminino:

As ganadoras na proba de surf
  • 1º Erika Franco (Ferrol)
  • 2º Paula Paz Fraga (A Coruña)
  • 3º Lucia Canteiro (Pontevedra)
  • 4º Ana Hernandez (A Coruña)

Máster Masculino:

  • 1º Alberto Reimunde (Oleiros)
  • 2º Derick Rei (Pontevedra)
  • 3º Chumi Garcia (Lugo).
  • 4º Drek Bishop (California).

En canto teñamos o vídeo da proba, publicarémolo nesta mesma entrada.

Vindeiras probas

A próxima fin de semana 20 e 21 de abril levásense a cabo a 1ª proba open de Longboard e Paddleboard en praia de Nemiña - Muxia, proba clasificatoria para a Final do Campionato de España 2013. O prazo de inscripción para as probas anteriores termina este xoves 18 de abril. Os interesados en anotarse débeno facer antes do xoves ás 13.00 horas na web da Federación.

Ademais, segue aprazada a 2ª proba open-xuvenil de Bodyboard, en praia de Faro, Lariño (Carnota), proba clasificatoria para a Final do Campionato de España. Os interesados deberanse anotar canto antes, dado que a proba pode ser convocada en breve.

Novas surfeiras

Máis novas

Outras novas

Fonte

Comentarios