Marcos Mouro escolle o Dumbría
Tiña ofertas de media Galicia, mesmo xa anunciaramos que fichaba por todo un Deportivo, con que estaba a facer a pretemporada. Pero estivo rápido o Dumbría, e o rapaz xalleiro cambia de rumbo para seguir medrando no cadro dumbriés para disputar a División de Honra.
Unha demostración de que o Dumbría, de que a Costa da Morte, pode competir ao máis alto nivel cos grandes clubes de toda Galicia.
Novo partido do Dumbría
O Dumbría puido cun Baíñas que prantou cara no Conco. 3-1 venceu o cadro de Canosa e iso que Javi Suárez metía por diante aos de Mario de José na primeira. Empataba Adrián Makaay antes do descanso, e na segunda, o Baíñas pegou o baixón despois dunha hora de xogo e o bo estado de forma dos dumbrieses, que están máis rodados, matou o partido, cos tantos do xuvenil Javi e Moreno, xogador cabanés procedente do Bergantiños Xuv. que está a facer a pretemporada co Dumbría.
Máis información
Novas relacionadas
- O 11 ideal do Fútbol da Costa estreou camisola vencendo ao Depor B.
- David Castro: O Marc Márquez do fútbol costeiro debuta na Liga da Costa.
Novas relacionadas
- 2014: O Cánchester cambia a cuchara de madeira polo liderato do Campionato de Barrios de Esteiro.
- 2013: O Campionato de Barrios de Esteiro, unha competición singular.
- 2012: Un Ciclón arrasou no Campionato de Barrios de Esteiro.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).