Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Martín Varela, inicia en Italia a escalada cara Río2016 con novos patrocinadores

Martín Varela, inicia en Italia a escalada cara Río2016 con novos patrocinadores
Martin Varela con JOCAR

Comeza a campaña para Martín Varela. O cormelán inicia con este torneo a carreira para a clasificación das próximas Paraolimpiadas de Río 2016. Aínda que as competicións que puntúan para a Paraolimpiada empezan en maio, o xogador da A.D. VIDÚ necesita competir antes para poder retomar o ritmo de competición que tivo que abandonar por falta de orzamento. I é que as axudas públicas seguen desaparecidas a pesar de falarmos dun campión de España dunha modalidade deportiva, que ten que costearse el mesmo os seus torneos.

En todo caso, parece que o apoio empresaria mellora, e polo de pronto, o tenista da selección nacional, asinou o pasado sábado un convenio de colaboración para 2016 coa empresa JOCAR DESEÑOS S.L., que proporcionará fondos ao deportista para a participación en varios torneos internacionais no próximo ano. "Sen colaboracións deste tipo sería imposible loitar pola clasificación para Río 2016. Espero que JOCAR sexa a primeira de moitas. É unha honra poder contar coa axuda de empresas "nosas" e levar ou seu nome por todo ou mundo”, lembra o propio Martín. Esperamos que outras empresas se decaten do bo “pastel publicitario” que é este deportista de alto nivel, que ten demostrado dosis de superación incribles.

Martin, afronta esta tempada en moi boa forma física e cun ritmo de adestramentos moi bo. Está será, sen dúbida, unha das súas mellores tempadas. E se a semana pasada estivo adestrando ca Selección Española, este próximo mércores Martín viaxará cara a Italia para inicial a competición deste ano 2015.

Un Martín Varela que sempre o recorda: “Non son un dicapacitado que xoga ou tenis. Son un TENISTA que xoga en cadeira de rodas.”

Entrevistas con Martín Varela

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios